Isaac Barrow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isaac Barrow
Isaac Barrow.jpg
Isaac Barrow
Nacementooutubro de 1631
 Londres
Falecemento4 de maio de 1677
 Londres
SoterradoAbadía de Westminster
NacionalidadeReino de Inglaterra
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterUniversidade de Cambridge, Trinity College, Felsted School e Charterhouse School
Ocupaciónteólogo, matemático, historiador da matemática, físico, catedrático de universidade e filósofo
Coñecido/a porTeorema fundamental do cálculo, Óptica
InfluíuIsaac Newton
editar datos en Wikidata ]

Isaac Barrow, nado en Londres en 1630 e finado en 1677, foi un teólogo e matemático inglés, cuxo papel no desenvolvemento do cálculo moderno historicamente recibiu un mérito secundario, en concreto, no seu traballo respecto da tanxente. Barrow é famoso por ser o primeiro en calcular as tanxentes da curva kappa.

Isaac Newton foi discípulo de Barrow.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Trinity College de Cambridge, destacou en matemáticas e no estudo dos clásicos, graduouse en 1648 e conseguiu un posto de investigación en 1649. En 1655 optou a un posto de grego en Cambridge, pero as súas posturas políticas (realista) e relixiosas (anglicano), impedíronlle acceder ao posto. Pasou os seguintes catro anos viaxando por Francia, Italia e mesmo chegou a Constantinopla. Regresou a Inglaterra en 1659 e ao ano seguinte ordenouse ministro e accedeu ao posto de profesor de grego de Cambridge. En 1662 nomeárono profesor de xeometría no Gresham College e en 1663 accedeu á cátedra lucasiana de matemáticas, á que renunciou en 1669 en favor do seu discípulo Isaac Newton, nomeado capelán de Carlos II e vicerreitor do Trinity College deixou o estudo das matemáticas.
A súa primeira obra foi unha edición completa dos Elementos de Euclides, que apareceu en 1655 en latín e en 1660 en inglés. Editou as súas clases maxistrais de 1664, 1665 e 1666 no volume Lectiones Mathematicae. En 1669 sae do prelo Lectiones Opticae et Geometricae, revisada por Isaac Newton. Barrow foi un dos que prepararon a aplicación do cálculo diferencial á xeometría e foi o primeiro en recoñecer que a integración e a diferenciación son operacións inversas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Isaac Barrow". Enciclopedia Británica 1911 (en inglés). Consultado o 23 de decembro do 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.