Vincenzo Viviani
Vincenzo Viviani | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de abril de 1622 |
Lugar de nacemento | Florencia |
Falecemento | 22 de setembro de 1703 |
Lugar de falecemento | Florencia |
Soterrado | Basílica da Santa Cruz |
Nacionalidade | Gran Ducado de Toscana |
Alma máter | Universidade de Pisa |
Ocupación | matemático, físico, astrónomo e científico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vincenzo Viviani, nado en Florencia o 5 de abril de 1622 e finado o 22 de setembro de 1703, foi un matemático e astrónomo italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Viviani proclamaba ser discípulo de Galileo, nunha época na que supuña unha valentía. En matemática ocupouse da teoría das proporcións.
Teorema de Viviviani[editar | editar a fonte]
Débeselle un teorema que leva o seu nome, utilizado nos diagramas estatísticos triangulares, e que se enuncia así:
- A suma das distancias dede un punto interior dun triángulo equilátero aos tres lados é igual á súa altura.
Obra principal[editar | editar a fonte]
- Quinto libro degli Elementi di Euclide, ovvero scienza universale delle proporzioni, spiegata con la dottrina del Galileo, con nuovo ordine distesa (1674); tivo unha segunda edición en 1690).
Dedicou o libro a Leopoldo de Medici, que lle facilitara o coñecemento de fragmentos de Galilei sobre as proporcións.
Na súa honra, un cráter da Lúa leva o seu nome.