Saltar ao contido

Ipomoea indica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ipomoea indica é unha especie de rubideira perenne na familia Convolvulaceae.[1]

En Galicia está catalogada como especie invasora.[2]

Vista da planta.
Ilustración.
No seu hábitat.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ten follas lobuladas, flores grandes e moradas, pétalos soldados en toda a súa lonxitude (tubulares, como pasa en todas as convolvuláceas). Ipomoea purpurea é parecida pero con flores máis pequenas, follas enteiras e ciclo anual.

Hábitat natural e carácter invasor

[editar | editar a fonte]

Nativa de Hawai e dos trópicos do Novo Mundo, pero xa é unha especie invasora en Australia e outros lugares. Tamén se atopa en certas rexións de Suramérica. Cultívase en xardíns e invernáculos polas súas grandes flores azuis. É moi nectarina, buscada polos apiarios.

Esta planta está prohibida en Canarias e en Baleares, xa que debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en Baleares e en Canarias a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[3]

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Ipomoea indica foi descrita por (Burm.) Merr. e publicada en An Interpretation of Rumphius's Herbarium Amboinense 445. 1917.[4]

Etimoloxía
  • Ipomoea: nome xenérico que deriva das palabras gregas: ips, ipos = "verme" e hómoios = "semellante", polo hábito voluble dos seus talos.[5]
  • indica: epíteto xeográfico que alude á súa localización no océano Índico.
Sinonimia
  • Convolvulus indicus Burm. 1755
  • Convolvulus acuminatus Vahl 1794
  • Convolvulus congestus (R.Br.) Spreng.
  • Convolvulus variabilis Schltdl. & Cham. 1830
  • Ipomoea acuminata (Vahl) Roemer & Schult. 1819
  • Ipomoea amoena Blume
  • Ipomoea cataractae Endl.
  • Ipomoea cathartica Poir. 1816
  • Ipomoea congesta R.Br.
  • Ipomoea insularis (Choisy) Steud., 1840
  • Ipomoea kiuninsularis Masamune
  • Ipomoea leari Knight ex Paxton, 1839
  • Ipomoea mutabilis Ker Gawl. 1816
  • Ipomoea vahliana House 1908
  • Ipomoea variabilis (Schlecht. & Cham.) Choisy, 1845
  • Parasitipomoea formosana Hayata
  • Pharbitis acuminata (Vahl) Choisy, 1845
  • Pharbitis acuminata var. congesta (R.Br.) Choisy
  • Pharbitis cathartica (Poir.) Choisy, 1845
  • Pharbitis indica (Burm.) R.C.Fang
  • Pharbitis insularis Choisy
  • Pharbitis learii (Paxton) Lindl.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]