Illas Senkaku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización das illas Senkaku
As illas, Kitakojima (esquerda) e Minamikojima.

Coordenadas: 25°47′53″N 124°03′21″L / 25.79806, -124.05583As illas Senkaku (en xaponés: 尖閣諸島 | Senkaku-Shotō ou Diaoyutai; en chinés: 釣魚台及其附屬島嶼 釣魚台列島 Diàoyútái Lièdǎo) son un grupo de illas situadas no extremo occidental do arquipélago xaponés, que están en disputa entre Xapón, a República Popular de China e a República de China (Taiwan) desde hai xa varias décadas.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Xapón, logo de abolir e anexionarse en 1879 o Reino de Ryukyu (actaumente prefectura de Okinawa), exerceu máis influencia sobre os territorios con que limitada. De feito, despois da vitoria sobre a China na I Guerra Sino-Xaponesa nos anos 1894 e 1895, tomou posesión dos territorios da illa de Taiwán e dos seus arquipélagos adxacentes.

En 1895, Xapón tomou o control das illas Senkaku/Diaoyu alegando o principio do dereito internacional de terra nullius. Baixo a administración nipoa, desde 1895 a 1940, houbo alí unha fábrica de katsuobushi (bonito secado) e establecéronse preto de 200 residentes xaponeses nas illas. Co fin da II Guerra Mundial, as illas pasaron a estar baixo o control dos países aliados, nun tempo en que a China sostiña unha guerra civil. Os Estados Unidos administraron as illas e a súa Armada usou Kuba-jima e Taisho-jima como zonas de manobra militar. En 1971 descubriron a posibilidade de reservas de gas e petróleo e, a continuación, China e Taiwán comezaron a reivindicar o dominio do arquipélago. En 1972 o arquipélago de Okinawa foi devolto a Xapón e, nese marco, os Estados Unidos cederon tamén a Xapón a administración das illas Senkaku/Diaoyu.[2]

En 1978, un grupo nacionalista xaponés construíu un faro en Uotsuri Jima, que o goberno nipón tomou baixo o seu control en 2005. Esta construción foi moi contestada polos gobernos de Taiwan e da China.

O día 7 de outubro de 1996, algúns manifestantes colocaron as bandeiras de Taiwan e da República Popular de China na illa principal, pero axiña foron evacuados polos xaponeses e as bandeiras foron retiradas.

En setembro de 2012, o goberno xaponés anunciou a compra, feita por cidadáns xaponeses, de tres das illas, o que provocou novamente reaccións por parte dos outros dous países[3][4]. A Armada chinesa enviou dúas patrulleiras ata preto de 400 metros das illas, é dicir, dentro xa das augas de xurisdición nipona. O Goberno anunciou que se preparesen para unha posible guerra.[5]

Xeografía[editar | editar a fonte]

  • Área de illa total: 7 km2.
  • Poboación: 0.
  • Coordenadas: 25° 58' - 25° 41' 45" N, 123° 27' 45" - 124° 41' 30" E

O arquipélago está formado por cinco illas volcánicas:

  • Uotsuri shima (魚釣島) ou Diaoyu Dao (釣魚島本島 ou 主島): 4,319 km2.
  • Kuba shima (久場島) ou Huangwei Yu (黃尾嶼 "Cola Amarela"): 1,08 km2.
  • Taishō-by (大正島) ou Chiwei Yu (赤尾嶼 "Cola Vermella").
  • Kita Kojima ou Beixiao Dao (北小島 "Illa do Norte").
  • Minami Kojima ou Nanxiao Dao (南小島 "Illote do Sur").

E tres penedos:

  • Okino Kitaiwa (沖ノ北岩 "Penedo Norte de Mar Aberto").
  • Okino Minamiiwa (沖ノ南岩 "Penedo Sur de Mar Aberto").
  • Tobise (飛瀬)

As illas están situadas a 140 km do illote Pengjia, de Taiwán, e a 170 km ao norte da illa de Ishigaki, do Xapón.

Vista aérea de Diaoyu Dao ou Diaoyu Tai Jima Uotsuri.

Diaoyu Dao/Uotsuri Jima, a illa máis grande, ten un grande número de especies endémicas, como Mogera uchidai e as formigas Okinawa-kuro-oo-ari, pero estas especies están ameazadas por cabras domésticas introducidas na illa no ano 1978.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Senkaku/Diaoyutai Islands. En GlobalSecurity.org. Military.[En inglés]
  2. Finney, John W. Senate Endorses Okinawa Treaty; Votes 84 to 6 for Island's Return to Japan, New York Times (11 de novembro de 1971). Congressional Research Service Report 96-798. [En inglés]
  3. Japão quer nacionalizar ilhas reivindicadas pela China. En Jornal de Notícias. 7 de xullo de 2012. [En portugués]
  4. Japão vai comprar ilhas reivindicadas pela China. En Sapo.pt. 5 de setembro de 2012. [En portugués]
  5. China envía dos patrulleras a las aguas del archipiélago que disputa a Japón, En El Mundo. 11 de setembro de 2012. [En castelán]