Terra nullius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As illas Svalbard foron consideradas terra nullis ata a sinatura do Tratado de Svalbard en 1920.

Terra nullius (plural terrae nullius) é unha expresión latina proveniente do Dereito romano que significa "terra de ninguén" (do mesmo xeito que res nullius fai referencia a unha cousa que non é propiedade de ninguén). Utilízase no ámbito do dereito internacional para denominar un territorio que nunca foi sometido á soberanía dun Estado, ou sobre o cal un Estado renunciou, expresa ou implicitamente, á súa soberanía.[1] A soberanía sobre un territorio declarado terra nullius pode adquirirse por ocupación, aínda que nalgúns casos isto pode supoñer a violación dunha lei ou tratado internacional.[2]

O sentido actual de terra nullius deriva dunha bula de 1095 titulada Terra Nullius, emitida polo papa Urbano II, pola que se lles permitía aos estados cristiáns europeos reclamar a soberanía de territorios habitados por pobos non cristiáns.[3] Esta concepto utilizouse posteriormente durante a época colonial para reclamar os territorios das colonias como espazos non ocupados e que, por tanto, o Estado conquistador podía ocupar legalmente. Nesa época tamén se utilizou o concepto no ámbito do Dereito privado, para privar os pobos indíxenas dos seus dereitos de propiedade sobre esas terras e permitir a repartición da propiedade entre os colonos.

Reclamacións históricas de terra nullius[editar | editar a fonte]

Imaxe da Illa de Clipperton, que foi terra nullis antes de ser ocupada por Francia.
  • Illa Clipperton. A soberanía desta illa en disputa entre Francia e México resolveuse por mediación do rei Vítor Manuel III de Italia. Este determinou en 1931 que a soberanía da illa lle correspondía a Francia "desde o 17 de novembro de 1858". O argumento principal de México foi rexeitado por non poder probar que fose descuberta por España. Ademais, México non a ocupara estabelmente antes de 1858, polo que se trataba de terra nullius cando Francia a ocupou e mantivo habitada con continuidade."[10]
  • Sealand. O Principado de Sealand existe de facto desde 1967 nunha torre de defensa antiaérea do Mar do Norte abandonada pola Royal Navy británica, fóra das súas augas territoriais. Paddy Roy Bates, quen se autonomeou príncipe, reclamou o espazo como terra nullis. Malia rexeitar esta reclamación con base en que a torre é unha estrutura artificial, o Goberno Británico nunca a intentou desaloxar, e determinouse en 1968 que a torre estaba fóra da xurisdición británica.[11]
  • Sáhara Occidental. Ante a comunicación da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 16 de outubro de 1975 o Tribunal Internacional de Xustiza matizou que non se pode considerar terra nullius un territorio habitado por tribos ou pobos que teñan unha organización social e política.

Terrae nullius recoñecidas na actualidade[editar | editar a fonte]

Mapa simplificado que amosa a reclamación de Exipto (amarelo e verde), a do Sudán (azul e verde) e Bir Tawil (branco)
  • Bir Tawil. Situado entre Exipto e Sudán, é un territorio de 2.060 km² resultado dunha discrepancia entre as fronteiras deseñadas en 1899 e en 1902. Unha fronteira colocou Bir Tawil baixo o control do Sudán e o Triángulo de Hala'ib baixo control exipcio, entanto que a outra fronteira o fixo ao revés. Ambos os países reclaman a fronteira que lles outorgaba o Triángulo de Hala'ib, significativamente máis grande e lindante ao Mar Vermello, co efecto de que Bir Tawil non é reclamado por ningunha das dúas nacións. A zona, que carece de poboación autóctona, está baixo o control de facto de Exipto, aínda que non figura nos seus mapas oficiais.[12] Bir Tawil non ten unha poboación establecida, pero a terra é utilizada polos beduínos que percorren a zona.[13] En xuño de 2014, Jeremiah Heaton reclamou que Bir Tawil se considere un novo Estado soberano, o Reino do Sudán do Norte,[14][15][16][17] e mesmo anunciou o estabelecemento de "embaixadas" polo mundo, aínda que ningún goberno recoñeceu este estado.
  • Territorios entre Croacia e Serbia. Como consecuencia da disputa fronteiriza entre estes estados, hai algunhas zonas na ribeira occidental do río Danubio non reclamadas por ningún dos dous. Serbia ten control de facto sobre zonas onde se superpoñen as reclamacións territoriais de ambas, mentres Croacia teno sobre os territorios que ningún dos dous reclama.[18] En 2015, o activista checo Vít Jedlička declarou unilateralmente a República Libre de Liberland, baseada en ideais libertarios, que reclama a zona máis grande en disputa na marxe occidental do Danubio.[19][20][21] Pouco despois, declaráronse tamén o Reino de Enclava e o Principado de Ongal, que reclaman certos territorios na zona.[22][23] O Ministerio de Asuntos Estranxeiros e Europeos de Croacia rexeitou esta reclamación, expondo que as disputas fronteirizas entre Serbia e Croacia non implican terra nullius e non están suxeitas á ocupación por terceiros.[24]
  • Territorios entre Eslovenia e Croacia. Brezovica pri Metliki é unha aldea do sueste de Eslovenia, a uns 50 km de Zagreb, a capital de Croacia. Brezovica Žumberačka é unha localidade croata que está rodeada por dita aldea eslovena. Este enclave aparece formando parte dos mapas do catastro de ambos os Estados, malia diferir lixeiramentenos seus límites. Croacia ten un segundo exclave a 400 metros de Brezovica Žumberačka, rodeado por terreos que non se consideran seus e que tampouco reclaman nin Eslovenia nin Croacia.[25] Xa que logo, estes terreos lindan formalmente con Eslovenia e con terra nullius.
Reclamacións territoriais na Antártida. Amósase en branco a parte occidental non reclamada.

Límites da xurisdición e a soberanía nacional[editar | editar a fonte]

Os principais tratados que definen a soberanía alén dos territorios de terra firme son o Tratado do Espazo Exterior e mais a Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar. Estes tratados confirman a total xurisdición nacional sobre as augas costeiras e sobre a plataforma continental. Existen limitacións que permiten aos buques estranxeiros o dereito de paso e a outros Estados o paso de tubaxes e cables polas augas territoriais, pola zona económica exclusiva e pola superficie da plataforma continental. As entidades actuais que exercitan xurisdición e dereitos de soberanía son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Interpretación da expresión terra nullius pola ONU. Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas. Páxina 16. 2010. [En castelán]
  2. Tribunal Supremo dos Estados Unidos. "New Jersey v. New York, 523 US 767 (1998). A pesar de que tratarse de terra nullius, como unha illa volcánica ou un territorio abandonado polo seu antigo soberano, un demandante con dereito ten que facer algo máis que chantar unha bandeira ou erguer un monumento. Desde o século XIX viuse que, como moito, a descuberta acompañada de actos simbólicos non supuxo máis que un "título imperfecto, unha opción", en comparación con outros estados, para consolidar os primeiros pasos ao proceder á ocupación efectiva nun tempo razoable. [En inglés]
  3. Pramod K. Nayar (2015). The Postcolonial Studies Dictionary. John Wiley & Sons. p. 153. ISBN 9781118781029.  [En inglés]
  4. Veracini, L. Terra nullius and the "history wars". Unha análise da denegación de Michael Conner de terra nullius en Australia. [En inglés]
  5. Tribunal Supremo de Australia. Mabo and others vs. Queensland. Aborigines - Constitutional Law - Real Property. Nº 2. 1992. [En inglés]
  6. Tribunal Supremo de Australia. Wik Peoples vs. Queensland ("Pastoral Leases case"). 1996. [En inglés]
  7. Información sobre a historia e a actualidade de Svalbard Arquivado 19 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. No sitio web do Instituto Polar Noruegués. [En inglés]
  8. Dr. Bruce Granville Miller. A Short Commentary on Land Claims in BC Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Unión de Xefes Indios da Columbia Británica. Outubro de 2003. [En inglés]
  9. Tribunal Internacional de Xustiza. Sentenza do 16 de abril de 2013 sobre o conflito fronteirizo entre Burkina Faso e Níxer Arquivado 23 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. [Efrancés e inglés]
  10. Ireland, Gordon (1941). Boundaries, possessions, and conflicts in Central and North America and the Caribbean. New York: Octagon Books. p. 320. 
  11. Texto de sentenza: Regina v. Paddy Roy Bates and Michael Roy Bates, The Shire Hall, Chelmsford, 25 de outubro de 1968. [En inglés]
  12. The CIA world factbook 2009. New York: Skyhorse Pub Co Inc. 2008. ISBN 978-1-60239-282-3. OCLC 227016145. 
  13. "Man lays claim to African land to make daughter real life ‘princess’". kdvr.com. 17 de xullo de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  14. Gibson, Allie Robinson (10 de xullo de 2014). "Abingdon man claims African land to make good on promise to daughter". Bristol Herald Courier (en inglés) (Bristol, Virginia: Berkshire Hathaway). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 2015-04-23. 
  15. Najarro, Ileana (12 de xullo de 2014). "Va. man plants flag, claims African country, calling it ‘Kingdom of North Sudan’". Washington Post (Washington, DC). Consultado o 2015-04-23. 
  16. Ensor, Josie (14 de xullo de 2014). "US father takes unclaimed African kingdom so his daughter can be a princess". The Daily Telegraph (London). Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  17. "Mapping micronations". Al Jazeera. 14 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 2015-04-23. Passports, currencies and flags: We discuss what it takes to create your own country. 
  18. Ministerio Croata de Asuntos Estranxeiros e Europeos. On Virtual Narratives at Croatia’s Borders Arquivado 21 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. 17 de xullo de 2015. [En inglés]
  19. Squires, N. Welcome to Liberland, the tiny patch of woodland claiming to be the world's newest country. En The Telegraph. 30 de abril de 2015. [En inglés]
  20. Czech proclaims new sovereign state between Serbia and Croatia: Liberland Arquivado 29 de xuño de 2016 en Wayback Machine.. En InSerbia Network Foundation. 15 de abril de 2015. [En inglés]
  21. Pavlovic, F. Welcome to Liberland, Europe's newest (micro) state. En Euobserver. 4 de maio de 2015. [En inglés]
  22. Makovec, J. Polish tourists proclaim "Kingdom of Enclava". En AFP. 15 de maio de 2015. [En inglés]
  23. Información sobre Enclava. Páxina web do Reino de Enclava. [En inglés]
  24. On Virtual Narratives at Croatia’s Borders Arquivado 21 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Sitio web oficial do Ministerio de Asuntos Europeos e Estranxeiros da República de Croacia. xuño de 2015. [En inglés]
  25. Jan S. Krogh's Geosite: Enclave/exclave of Brezovica. A croatian true Exclave in Slovenia. 6 de marzo de 2013. [En inglés]
  26. Dronning Maud Land. No sitio web do Instituto Polar Noruegués.
  27. Rapp, O. M. Norge utvider Dronning Maud Land helt frem til Sydpolen. 19 de setembro de 2015. [En inglés]
  28. The Moon: a giant leap for mankind. Na revista Time. 25 de xullo de 1969. [En inglés]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Connor, Michael. The invention of terra nullius. Sydney. Macleay Press, 2005.
  • Culhane, Dara. The pleasure of the Crown: Anthropology, Law, and the First Nations. Vancouver. Talon Books, 1998.
  • Lindqvist, Sven. Terra nullius. A Journey through No One's Land. Granta. Londres. 2007.
  • Rowse, Tim. Terra nullius. The Oxford Companion to Australian History. Ed. Graeme Davison, John Hirst & Stuart Macintyre. Oxford University Press. 2001.