Saltar ao contido

Illa de Santa Isabel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla de Santa Isabel
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago das illas Salomón Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIsabel, Illas Salomón Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 8°00′S 159°01′L / -8, 159.02
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións22 (ancho) × 200 (lonxitude) km
Superficie3.665 km² Editar o valor en Wikidata

A illa de Santa Isabel (tamén coñecida como Isabel e Ysabel) é a de maior lonxitude das Illas Salomón, no Pacífico Sur, a súa extensión de 2.999 m² fai que sexa a de maior extensión da provincia de Isabel.

Localización e datos xeográficos

[editar | editar a fonte]

A illa está comprendida entre a provincia de Choiseul ao oeste, de Malaita ao leste, o océano Pacífico ao norte e o estreito de Nova Xeorxia ao sur.

O punto máis elevado da illa é o Monte Sasari de 1.220 metros de altitude. O río máis importante da illa, o Marutho nace no Sasari e desemboca ao océano en Hofi.

O centro administrativo da illa é Buala, cidade que alberga o aeroporto da illa. Outro centro de poboación importante é Samasodu.

Os españois foron os primeiros europeos en chegar á illa. En 1568 alcanzou a illa a expedición de Pedro Sarmiento de Gamboa, Pedro de Ortega e Álvaro de Mendaña. Onde estableceu un asentamento e construíron un barco para estudar e cartografar o mar que a rodea e as illas próximas. Pero moi pronto, os españois espertaron a inimizade dos insulares.

Logo de non atopar ouro e pouca comida, e acosados polos ataques e as enfermidades, os colonos españois cambiaron a súa colonia a actual Honiara en Guadalcanal. A súa colonia, con todo, extinguiríase.

Os insulares de Santa Isabel sufriron ataques de blackbirding (contratación enganosa e rapto de man de obra indíxena) no século XIX. Abrazaron o cristianismo nos inicios do século XX.

A poboación de Santa Isabel fala ata oito idiomas ademais do Inglés e o Pijon das Illas Salomón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]