Saltar ao contido

Estreito de Nova Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaEstreito de Nova Xeorxia
Tipoestreito Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Salomón Editar o valor en Wikidata
Mapa
 8°16′S 158°29′L / -8.26, 158.48
Localización do estreito de Nova Xeorxia nas Illas Salomón.
Afundimentos de buques de guerra fronte á illa de Guadalcanal durante os enfrontamentos da segunda guerra mundial.

O Estreito de Nova Xeorxia é a canle de auga que pasa aproximadamente partindo lonxitudinalmente o arquipélago das Illas Salomón en dúas partes. O estreito está bordeado polas illas Choiseul, Santa Isabel e Florida polo norte e Vella Lavella, Kolombangara, Nova Xeorxia e as Illas Russell polo sur. As illas de Boungaiville e Guadalcanal definen o estreito polo oeste e leste respectivamente.

A volcánica Illa de Savo é o único accidente xeográfico digno de mención no estreito.

Durante a segunda guerra mundial o estreito foi coñecido polos aliados como the Slot, a rañura, debido á súa forma xeográfica e ao elevado tráfico de buques de guerra. Os constantes envíos de tropas e material por parte do Xapón recibiu o nome de Tokio Espress. Entre 1942 e 1943 producíronse numerosas batallas marítimas no estreito entre a Armada dos Estados Unidos, a Real Armada Australiana e a Real Armada de Nova Zelandia, e a Armada Imperial Xaponesa.