Illa de San Cristóbal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de San Cristóbal
Mapa da illa
Situación
País Ecuador
ArquipélagoIllas Galápagos
MarOcéano Pacífico
Coordenadas0°48′S 89°24′O / -0.800, -89.400Coordenadas: 0°48′S 89°24′O / -0.800, -89.400
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie558 km²
Longura máxima49 km.
Largura máxima17 km.
Punto máis alto730 m. Cerro San Joaquín
Distancia a terra930 km.
Demografía
CapitalPuerto Baquerizo Moreno
Poboación5.600 hab.
Densidade10´04 hab./km²
Lingua propiaEspañol

San Cristóbal é a illa máis oriental do arquipélago das illas Galápagos, en Ecuador.

O seu nome oficial e en español, 'San Cristóbal', provén do patrón dos mariños, San Cristóbal (Christopher). O seu antigo nome en inglés, Chatham, proviña de William Pitt (o Vello), primeiro conde de Chatham; mentres que en 1832, cando Ecuador tomou posesión do arquipélago, recibiu o de «illa Mercedess» na honra da esposa do presidente Juan José Flores: Mercedes Jijón de Vivanco.[1]

San Cristóbal ten unha superficie de 558 km² e o seu punto máis alto elévase a 730 metros sobre o nivel do mar. A capital do arquipélago, Puerto Baquerizo Moreno, atópase no extremo suroccidental da illa. Dúas liñas aéreas voan directamente ao Aeroporto de San Cristóbal desde Guayaquil, Ecuador; os voos desde Quito fan escala en Guayaquil.

Esta illa alberga fragatas, lobos mariños, tartarugas das Galápagos, alcatraces patirroxos, alcatraces patiazules, iguanas mariñas, delfíns e gaivotas das Galápagos. A súa vexetación inclúe Calandrinia galapagosa, Lecocarpus darwinii e árbores como Lignum vitae ou Matazarna. Nas augas próximas hai tiburóns, raias e lagostas.

O maior lago de auga doce no arquipélago, Lagoa El Junco (0°53′43″S 89°28′49″O / -0.89528, -89.48028), está situado nun cráter na serra de San Cristóbal, na metade sur da illa. Alberga unha gran poboación de aves, pero chegar ao lago require unha curta camiñada costa arriba. Preto de alí está La Galapaguera, unha estación de cría e refuxio das tortugas xigantes.

Preto da cidade de Puerto Baquerizo Moreno hai lugares turísticos, como Cerro Tijeretas, unha colonia de aniñación para fragatas e unha estatua de Charles Darwin, que marca o sitio orixinal onde desembarcou por primeira vez nas illas Galápagos durante a segunda viaxe do HMS Beagle, o 16 de setembro de 1835.[2] La Lobería, unha colonia de lobos mariños, atópase a uns dez minutos en autobús da cidade.

Na parte alta da illa atópase a Estación Biolóxica San Cristóbal, manexada pola Fundación Jatun Sacha, unha organización ecuatoriana sen fins de lucro que se dedica á conservación dos bosques en todo o Ecuador. Jatun Sacha mantén facilidades para recibir investigadores, voluntarios e cursos. Todos os visitantes involúcranse co traballo que fai Jatun Sacha en prol da conservación da illa: erradicación de especies invasoras, traballo co Parque Nacional Galápagos na Galapaguera, traballo cos finqueros da zona en reforestación e control de especies introducidas, entre outras cousas.

Tamén hai excursións en barco que levan aos visitantes a dous sitios próximos de mergullo. "León Dormido" representa os restos dun cono de lava, agora dividido en dous. "Isla Lobos" é tamén un sitio de aniñación do alcatraz patiazul.

Historia[editar | editar a fonte]

As illas Galápagos foron descubertas o 12 de marzo de 1535 por frei Tomás de Berlanga, quen deixou unha descrición das cinco illas que viu. Tomás de Berlanga nunca as reclamou.

Os españois deron os primeiros nomes ás illas, "os nomes españois antigos", pero non foi posible identificar con seguridade a cales corresponden, por falta dun mapa fiable. O primeiro que levantou un mapa e puxo nome a oito illas foi o pirata inglés Cowley en 1684, pero de forma ambigua, pois a 'illa Charles" confúndese coa illa Floreana, a Española ou a San Cristóbal.

Xeografía física[editar | editar a fonte]

Localización e extensión[editar | editar a fonte]

Ten unha extensión total de 558 km², dos cales o 85% é área de parque nacional e o resto pertence ao área urbana e rural. O Cantón San Cristóbal é a capital provincial de Galápagos. San Cristóbal está situada no océano Pacífico, a 930 km do Cabo San Lorenzo, punto máis próximo a Galápagos desde o Ecuador continental.

Economía[editar | editar a fonte]

Turismo[editar | editar a fonte]

Malecón Illa San Cristóbal Galápagos
Vista desde o Miradoiro do Malecón Illa San Cristóbal - Galápagos Ecuador

Unha de principais actividades económicas é o turismo, e máis especialmente o ecoturismo, é dicir, un turismo no que prima o contacto coa natureza.

Aeroporto[editar | editar a fonte]

O aeroporto da illa San Cristóbal dá servizo ás cidades El Progreso e Puerto Baquerizo Moreno. É o segundo aeroporto máis transitado do arquipélago despois do Aeroporto Seymour, situado na illa Baltra. O aeroporto é utilizado o 60% como base militar e o 40% como aeroporto de pasaxeiros. A súa pista mide 1.945 metros de lonxitude e 42 de largo. Recibe pouco máis de 60 voos ao día.

Pesca[editar | editar a fonte]

Desde a chegada dos primeiros colonos a San Cristóbal, a pesca foi unha fonte importante de ingresos, converténdose nunha actividade produtiva durante os últimos anos.

O peróodo da comercialización da langosta vermella comeza no mes de setembro e finaliza a fins de xaneiro, cando comeza o seu veda; non así a lagosta coñecida como "lagostino", que non ten restriccións durante todo o ano.

Agricultura[editar | editar a fonte]

Os cultivos predominantes en áreas de explotación agrícola que se destacan en San Cristóbal son os frutais (laranxas, ananas, papaias, plátanos, limón, etc.), as hortalizas e o café. O cultivo do café (Coffea arábica) está concentrado en tres sectores: no Socavón, na facenda El Cafetal; e en varias leiras de El Progreso e de La Soledad. Ademais destácase o cultivo de mazás e uvas para a exportación.

Cultura[editar | editar a fonte]

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Comidas tradicionais na illa: Como é de esperar, a comida en Puerto aproveita ao máximo o fornezo de peixe fresco e mariscos. Tamén se poden atopar os corviches. Estas bolitas fritas de cacahuete, plátano verde e peixe fan un gran bocadillo. En xeral, a comida tradicional que se prepara na illa é comida ecuatoriana.

Actividades culturais[editar | editar a fonte]

Hai que resaltar que San Cristóbal ofrece actividades culturais todos os meses, malia ser unha comunidade pequena. Recentes iniciativas da Axencia Española de Cooperación Internacional, a través do Programa ARAUCARIA, e enfocadas no Centro de Interpretación, xeraron máis interese nas artes e talento local. Un grupo de teatro ensaia regularmente no escenario do Centro e lévanse a cabo talleres de pintura, danza, concertos de música e obras de teatro. Hai un espazo do centro para exposicións de arte temporais na sala de recepción, así como un belo teatro ao aire libre.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marina Ecuatoriana en la historia de Galápagos (en español). Guayaquil: Dirección General de Intereses Marítimos de la Armada del Ecuador. 2005. p. 18. 
  2. Keynes, R. D. ed. 2001, Charles Darwin's Beagle Diary, p. 351.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Historical Ecology in the Galapagos Islands: I. A Holocene Pollen Record from El Junco Lake, Isla San Cristoba, by Paul A. Colinvaux, Eileen K. Schofield. The Journal of Ecology, Vol. 64, No. 3 (Nov., 1976), pp. 989–1012, doi:10.2307/2258820.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]