Saltar ao contido

Sula nebouxii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sula nebouxii
 Nome taxon
    Sula nebouxii
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Categoría taxonómica
Características
 Cor
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeSuliformes
FamiliaSulidae
XéneroSula
EspecieSula nebouxii Editar o valor en Wikidata
A. Milne-Edwards, 1882 Sula nebouxii Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02zjrw Editar o valor en Wikidata
ITIS174702 Editar o valor en Wikidata
OTT429615 Editar o valor en Wikidata
UICN22696683 Editar o valor en Wikidata
CoL53FBH Editar o valor en Wikidata
EOL45509067 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Sula nebouxii[1] é unha especie de ave suliforme da familia Sulidae propia do Pacífico americano. Habita as costas entre o Perú e o golfo de California, ademais das illas Galápagos, onde convive co seu parente, o Sula sula. Nas Galápagos foi un dos animais meticulosamente estudados por Charles Darwin nos seus traballos sobre a evolución das especies.

Os adultos miden 81 cm de alto de media; e até 1 e 90 cm de envergadura.

A característica cor azul intensa das súas patas procede dos pigmentos carotenoides da súa dieta, xa que estas aves non son quen de sintetizar os carotenoides e teñen que asimilalos a través da alimentación. As patas azuis que dan nome a esta variedade de mascato teñen un importante papel no apareamento, xa que os machos exhiben as súas extremidades inferiores ás femias, nun baile de cortexo. Para alimentarse poden mergullarse até un metro no mar.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Nidifican en calquera época do ano. A posta é xeralmente dun único ovo ou, ás veces, 2 ou 3, que incuban durante 44 días. Malia iso, o número de ovos postos condiciona o desenvolvemento das crías: cando a femia pon máis dun ovo non é estraño ver como un deles eclosiona antes que o outro. Deste xeito, cunha marxe de diferenza de 3 ou 4 días, e como norma xeral, a cría maior tenderá a atacar, instigar e expulsar do niño á cría menor. Esta, moito máis indefensa dado o seu menor tempo de adaptación, morrerá por depredación ou deshidratación. Todo iso sucederá ante os ollos da indiferente nai.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Piquero camanay (Sula nebouxii) Milne-Edwards, A, 1882". avibase. Consultado o 21 de outubro de 2012.