Illa do Príncipe Eduardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Illa Prince Edward")
Illa do Príncipe Eduardo
Bandeira de Príncipe Eduardo Coat of Arms of Prince Edward Island.png
Bandeira Escudo
Localización
Mapa da Illa do Príncipe Eduardo.

[[]]
Datos
Capital Charlottetown
País Canadá
Linguas
Poboación (2008) 139.407 hab.
Superficie 5.683´56 km2
Densidade 23´9 hab/km²
Concellos
Coordenadas 46°20′N 63°30′O / 46.333, -63.500
Maior Altura

A Illa do Príncipe Eduardo[1][2] (en inglés: Prince Edward Island, e en francés: Île-du-Prince-Édouard) é unha das provincias marítimas de Canadá. É unha illa rodeada polo Océano Atlántico e separada do territorio de Novo Brunswick polo Estreito de Northumberland. Recentemente foi unida ao continente norteamericano polo Ponte da Confederación.

É a provincia máis pequena de Canadá. A súa capital é Charlottetown, coñecida como o berce da Confederación Canadense, aínda que a provincia non se asociou á Confederación ata máis tarde.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa coñécese como o Xardín do Golfo, xa que se atopa no Golfo de San Lorenzo, ao oeste da Illa de Cabo Bretón, ao norte da península de Nova Escocia, e ao leste de Novo Brunswick. As costas do sur forman o Estreito de Northumberland. A illa conta con dúas zonas urbanas. A máis grande céntrase no porto de Charlottetown, situada no medio da costa do sur; consiste na capital, Charlottetown, varias comunidades residenciais como Cornwall e Stratford, e unha franxa cada vez máis ancha de urbanizacións e desenvolvemento urbano. Outra zona urbana céntrase no porto de Summerside, situada na costa do sur 40 km ao oeste do porto de Charlottetown; consiste ante todo na cidade de Summerside. Estes portos, como todos os portos naturais da illa, son creados por rías.

Clima[editar | editar a fonte]

Costa da Illa, coa súa famosa praia vermella.

A Illa do Príncipe Eduardo, debido á súa localización (rodeada por grandes corpos de auga) posúe un clima máis estable e ameno que o resto do país, rexistrando as temperaturas máis altas de Canadá durante o inverno e as máis baixas durante o verán. Polo cal, o tempo co que conta a provincia tamén é moi estable, con condicións climáticas que pouco varían durante un día dado.

Por outra banda, o seu pequeno tamaño fai que o clima sexa en gran medida homoxéneo en toda a provincia. A rexión oeste da illa posúe temperaturas levemente máis baixas durante o inverno e máis altas no verán, en relación coa rexión este, debido á súa maior proximidade co corpo principal do continente.

Durante o inverno, a Illa do Príncipe Eduardo posúe unha temperatura media de -7 ºC. A media das mínimas é de -12 °C e a media das máximas, de -3 °C. A temperatura máis baixa que se rexistrou na provincia é de -37 °C, ocorrida en Alberton, o 26 de xaneiro de 1884. Durante o verán, posúe unha temperatura media de 19 °C. A media das mínimas é de 13 °C e a media das máximas, de 22 °C. E, á súa vez, a temperatura máis alta que se rexistrou na provincia é de 37 °C, ocorrida en Charlottetown, o 19 de agosto de 1935. A súa taxa de precipitación media anual de choiva é de 111 centímetros, mentres que a de neve é de 276 centímetros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Por exemplo en Antonio Cazorla, Adrian Shubert (2000). Consello da Cultura Galega, ed. "A inmigración española en Canadá: unha visión de conxunto". Estudios Migratorios (10): 11. ISSN 1136-0291. 
  2. «Príncipe Eduardo, Illa do». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1700. ISBN 9788482893600.