Saltar ao contido

Atol Bassas da India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtol Bassas da India
Imaxe

HimnoLa Marseillaise Editar o valor en Wikidata

Localización
Mapa
 21°28′57″S 39°40′19″L / -21.4825, 39.671944444444
Territorio reivindicado porMadagascar Editar o valor en Wikidata
EstadoFrancia
Territorio dependenteTerras Austrais e Antárticas Francesas
GrupoIllas dispersas do Océano Índico Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie0,2 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porCanle de Mozambique Editar o valor en Wikidata

Bassas da India (fr; malgaxe: Nosy Bedimaky) é un atol deshabitado e aproximadamente circular de 0,2 km² de superficie, o que o constitúe na porción de terra máis pequena rodeada por auga. Situado no sur do Canle de Mozambique, aproximadamente a medio camiño entre Mozambique e Madagascar (uns 385 km máis ao leste) e a uns 110 km ao noroeste da Illa Europa. Está administrado por Francia, orma parte do grupo das illas dispersas do Océano Índico como parte das Terras Austrais e Antárticas Francesas, aínda que é reclamado por Madagascar. O bordo do atol ten unha media de 100 m de ancho e encerra unha lagoa pouco profunda cunha profundidade non superior a 15 m. En xeral, o atol ten uns 10 km de diámetro, elevándose abruptamente desde o fondo mariño 3000 m. debaixo para rodear unha área (incluíndo a lagoa) de 80 km². A súa zona económica exclusiva, de 123700 km² de tamaño, é contigua coa da Illa Europa.[1]

O atol está formado por dez illotes rochosos áridos, sen vexetación, cunha superficie total de 20 ha. Os dos lados norte e leste teñen unha altura de 2´1 a 3 metros, mentres que os dos lados oeste e sur teñen unha altura de 1´2 m.. O arrecife, cuxa costa mide 35,2 km, está totalmente cuberto polo mar desde tres horas antes da marea alta ata tres horas despois. A rexión tamén está suxeita a ciclóns, o que converte o atol nun perigo marítimo a longo prazo e no lugar de numerosos naufraxios. Ecoloxicamente, pertence á ecorrexión denominada matogueira xerófila das illas Europa e Bassas da India.

O monte submarino Jaguar e o monte da mesa Hall atópanse a uns 40 e 70|km. máis ao suroeste.

Bassas da India avistouse por primeira vez por exploradores portugueses a principios do século XVII como "Baixo do Judío" ("Baixos do Xudeu"). O Judío ("Xudeu", pola ascendencia do seu propietario Fernão de Loronha[2] era o nome dun barco portugués que encallou neste arrecife. Este barco chamábase "judío", xa que o seu propietario era un comerciante xudeu de Portugal. O nome converteuse en Bassas da India, debido a erros de transcrición dos cartógrafos. O "Santiago" afundiuse no baixou en 1585.

Foi redescuberto polo Europa en 1774, de aí o nome "Europa Rocks"..[3] O Malay perdeuse o 27 de xullo de 1842 nas Europa Rocks.[4]

En 1897, o baixo converteuse nunha posesión francesa, pasando posteriormente á administración dun comisario residente en Reunión en 1968. Madagascar independizouse en 1960 e reivindica a soberanía sobre o baixo desde 1972.

Desde o decreto do 3 de xaneiro de 2005, as illas dispersas e polo tanto Bassas da India están baixo a autoridade do administrador superior das Terras austrais e antárticas francesas con base en Saint-Pierre (Reunión). Considerado como un dominio privado do estado, non forma parte da Unión Europea.

Madagascar reclama a soberanía sobre Bassas da India. A cuestión é económica e marítima, pois a pesar do pequeno tamaño do atol, a zona económica exclusiva é extensa con 123.700 km² de superficie.

  1. Décret n° 78-146 du 3 février 1978 portant création, en application de la loi du 16 juillet 1976, d'une zone économique au large des côtes des îles Tromelin, Glorieuses, Juan-de-Nova, Europa et Bassas-da-India (Decree 78-146) (en francés). Government of France. 3 de febreiro de 1978. 
  2. Cardozo, Manoel Godinho (1736) [First published 1602]. "Relaçam do navfragio da nao Santiago & itenerario da gente que delle se salvou". En Gomes de Brito, Bernardo. História trágico-marítima (en portugués) II. Lisbon: Off. da Congregaçao do Oratorio. p. 47. 
  3. de Horsey, Algernon F. R. (1878). The Africa Pilot, Part III : South and east coasts of Africa from the Cape of Good Hope to Cape Guardafui, including the islands in the Mozambique Channel (3rd ed.). London: Hydrographic Office of Great Britain. p. 410. OCLC 36761841. Bassas da India, sometimes named Europa rocks, was discovered by the ship Europa in 1774. 
  4. Osgood, Chas. S.; Batchelder, H. M. (1879). Historical Sketch of Salem, 1626–1879. Salem: Essex Institute. p. 202. OCLC 248257682. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]