Illa Assateague
Tipo | illa barreira illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Eastern Shore of Maryland (en) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Condado de Worcester, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | |||
Comparte fronteira con | Snow Hill (pt) ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Superficie | 63,21 km² ![]() | |||
Sitio web | nps.gov… ![]() | |||
A illa Assateague (en inglés: Assateague Island [1]) é unha illa estadounidense de 60 km de lonxitude situada fronte á costa oriental dos estados de Maryland e Virxinia.[2] É coñecida polos seus rabaños de cabalos salvaxes, praias prístinas e o faro de Assateague. A illa tamén contén numerosos pantanos, baías e calas, incluíndo Toms Cove.[3] Hai pontes de acceso de vehículos desde Maryland e Virxinia, aínda que non hai estrada que percorra toda a illa.
A illa ten unha superficie de 63,21 km² e non ten poboación residente, nin en Maryland nin en Virginia, aínda que algúns conservaron os dereitos de propiedade (principalmente campos de caza) até 2006.
Espazo natural protexido
[editar | editar a fonte]Tres axencias ocúpanse da preservación do medio ambiente nesta illa considerada polas Nacións Unidas como unha reserva de biodiversidade. Desde 1943, o Chincoteague National Wildlife Refuge, en Virxinia, estivo implicado na preservación do hábitat natural dos animais e, en particular do ganso das neves. Tamén en Virxinia, a Assateague Island National Seashore foi fundada en 1965 para preservar a illa e organizar actividades recreativas. Finalmente, en Maryland, o Assateague State Park persegue os mesmos obxectivos.
A illa tamén contén moitas marismas, baías e calas. Hai varias pontes desde Maryland e Virxinia, pero a estrada non permite percorrer toda a lonxitude norte/sur da illa.
Cabalos salvaxes
[editar | editar a fonte]A illa alberga unha colonia coñecida como "cabalo Assateague" en Maryland e o "poni Chincoteague" en Virxinia. Son descendentes de cabalos domésticos que volveron ao estado salvaxe e cuxos especialistas coinciden en que redescubriron todos os comportamentos que caracterizaban aos seus antepasados antes da domesticación. Segundo a tradición, proveñen do naufraxio dun galeón de conquistadores casteláns. Probas de ADN parecen confirmar esa hipótese, segundo publicou en xullo o Museo de Florida[4] e un estudo revisado por pares na revista Plos One.[5]
Outra fauna
[editar | editar a fonte]Moitas poboacións de aves habitan a illa, en particular de aves mariñas como o ostreiro americano, a garza azulada e a garza nevada. Hai máis de 320 especies rexistradas para habitar a illa durante parte do ano, incluíndo gaivotas, carráns e outras aves costeiras, rapaces, etc. O Charadrius melodus é unha especie de carádrido en perigo de extinción que aniña en Assateague.
Poboación
[editar | editar a fonte]A illa non ten poboación residente en Maryland ou Virxinia, aínda que algúns conservaron os dereitos de propiedade até a década de 2000.
Turismo
[editar | editar a fonte]Na illa hai varias rutas de sendeirismo máis ou menos longas. O parque estatal é a zona máis desenvolvida da illa con 350 cámpings.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]A trama do episodio 18, tempada 1, da serie de televisión Bones transcorre na illa.
A raza de cabalos da illa, nomeada Chingoteague, fíxose famosa pola serie de novelas Misty of Chincoteague escritas por Marguerite Henry a partir de 1947.[6]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Estación da Garda Costeira da Praia de Assateague.
-
Cervo no parque natural Assateague Island National Seashore
-
Assateague Island ASIS2576
-
Cabalo de Assateague
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Assateague Island". Mapcarta (en inglés). Consultado o 2022-08-03.
- ↑ Kenney, Nathaniel T. "Watermen's Island Home", National Geographic, Index (1980), vol 157 (xuño de 1980): 812.
- ↑ GMCO Maps & Charts. GMCO's Fishing & Recreation Map of Chincoteague-Assateague, Virxinia, 2003.
- ↑ "Oldest DNA from domesticated American horse lends credence to shipwreck folklore". Florida Museum (en inglés). 2022-07-27. Consultado o 2022-08-03.
- ↑ Delsol, Nicolas; Stucky, Brian J.; Oswald, Jessica A.; Reitz, Elizabeth J.; Emery, Kitty F.; Guralnick, Robert (2022-07-27). "Analysis of the earliest complete mtDNA genome of a Caribbean colonial horse (Equus caballus) from 16th-century Haiti". PLOS ONE (en inglés) 17 (7): e0270600. ISSN 1932-6203. doi:10.1371/journal.pone.0270600.
- ↑ "La leyenda del galeón español que llevó caballos a una isla americana es cierta". es.noticias.yahoo.com (en castelán). Consultado o 2022-08-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Assateague ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |