Primeiro Concilio de Éfeso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Primeiro Concilio de Éfeso foi o terceiro concilio ecuménico da primitiva Igrexa cristiá, celebrado en 431 na Igrexa de María de Éfeso, en Anatolia. O concilio foi convocado para discutir as ensinanzas de Nestorio, Patriarca de Constantinopla. A doutrina de Nestorio, o nestorianismo, que enfatizaba a separación entre as naturezas divina e humana de Cristo, leváralle a conflito con outros líderes cristiáns, especialmente co Patriarca de Alexandría San Cirilo. O propio Nestorio foi quen pediu o concilio, coa intención de probar a súa ortodoxia, pero finalmente as súas ensinanzas foron condenadas como herexía.