Saltar ao contido

Iannis Xenakis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIannis Xenakis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1922 Editar o valor en Wikidata
Brăila Editar o valor en Wikidata
Morte4 de febreiro de 2001 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
París Editar o valor en Wikidata
ResidenciaKypseli, Athens (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónΕΘΝΙΚΟ ΜΕΤΣΟΒΙΟ ΠΟΛΥΤΕΧΝΕΙΟ Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, profesor de música, músico, enxeñeiro, arquitecto, poeta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorGresham College (en) Traducir (1975–1978)
Universidade de Indiana en Bloomington (1967–1972) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica contemporánea e música electrónica Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica clásica do século XX Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAristotelis Koundouroff (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJohn Cale, Nil Parent, Nikos Kypourgos (en) Traducir e Haris Xanthoudakis Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoBV Haast Records (pt) Traducir
Erato Records
Philips Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoFrançois Picard Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFrançoise Xenakis (1953–) Editar o valor en Wikidata
FillosMakhi Xenakis Editar o valor en Wikidata
IrmánsKosmas Xenakis Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Grove Dictionary of Music and Musicians (pt) Traducir
Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
Sitio webiannis-xenakis.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0944416 MySpace: iannisxenakis Enciclopedia Galega Universal: 205409 BNE: XX989712 Spotify: 399s62PfwKlLnrLvBjWFYB Last fm: Iannis+Xenakis Musicbrainz: 4083d781-7973-4717-8e1b-0f8786437709 Songkick: 89247 Discogs: 32202 Allmusic: mn0000687566 WikiTree: Xenakis-6 Editar o valor en Wikidata

Iannis Xenakis (Γιάννης Ξενάκης, tamén transliterado en francés como Yannis Xénakis) foi un compositor e arquitecto de ascendencia grega nado o 29 de maio de 1922 en Brăila, Romanía; nacionalizouse francés e pasou gran parte da súa vida en París, onde morreu o 4 de febreiro de 2001. Considérase como un dos compositores máis importantes da música contemporánea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos 10 anos trasladouse coa súa familia a Grecia, comezando logo estudos de inxeñería en Atenas. Os seus estudos interrómpense en 1941 coa ocupación nazi do su país. Participou na resistenza grega durante a segunda guerra mundial, e na primeira fase da guerra civil grega como membro da compañía de estudantes Lord Byron do Exército de Liberación do Pobo Grego (ELAS). En xaneiro de 1945 recibiu unha grave ferida de obús no lado esquerdo da cara que o puxo preto da morte, provocándolle a perda dun ollo e desfigurándolle parte do rostro. En 1946 puido finalizar os seus estudos obtendo o título de enxeñeiro, pero foi perseguido debido ao seu activismo político, e condenado a morte. Logrou fuxir e, grazas a un pasaporte falso, cruzar a fronteira rumbo a Francia en 1947.

Establecido en París, en 1948 ingresou no estudio do famoso arquitecto Le Corbusier como enxeñeiro calculista. Pronto comezou a colaborar nos proxectos de varias obras importantes saídas do estudio de Le Corbusier durante eses anos, como as unidades habitacionais de Nantes (1949), Briey-en-Forêt e Berlin-Charlottenburg (1954), os diferentes edificios constitutivos do plan de urbanismo de Chandigarh na India (1951), e o Centro Deportivo e Cultural de Bagdad (1957). Nestas obras Xenakis aplicou os mesmos procesos compositivos e estéticos que nas súas obras musicais da época.

Xenakis deseñou ademais dúas importantes obras da arquitectura do século XX: o convento de Santa María de La Tourette (1953), e especialmente o Pavillón Philips da Exposición Internacional de Bruxelas de 1958, baseado nas mesmas estruturas que a súa obra orquestral Metastasis de 1953-1954.[1] Para o interior do Pavillón encargóuselle a Edgar Varèse que realizara a música, quen compuxo o seu Poème Électronique, e o propio Xenakis compuxo Concret PH que se escoitaba nos interludios entre as presentacións da obra de Varèse.

Durante eses anos, Xenakis comezou paralelamente os seus estudos de composición en París, primeiro con Arthur Honegger e Darius Milhaud, cos que non tivo demasiado entendemento, e finalmente con Olivier Messiaen, con quen sí estudou regularmente a partir de 1952. En 1955 Hans Rosbaud dirixiu no Festival de Donaueschingen a súa primeira obra importante para orquestra: Metástase. Esta peza e as que lle seguiron, notablemente Pithoprakta de 1955-56, e Achorripsis de 1956-57, así como artigos publicados nos Gravesaner Blätter, a revista que dirixía Hermann Scherchen, déronlle a Xenakis unha notoriedade que finalmente lle permitiu dedicarse exclusivamente á composición.

En 1963 publicou Musiques Formelles (Música formalizada), posteriormente revisada, expandida e publicada en inglés como Formalized Music: Thought and Mathematics in Composition en 1971, e novamente ampliada e revisada para a segunda e definitiva edición de 1990; unha colección de ensaios sobre as súas ideas musicais e técnicas compositivas, considerada unha das contribucións máis importantes á teoría da música do século XX. En 1997 obtivo o Premio Kyoto que concede a Fundación Inamori, de Kyoto.

Pioneiro do emprego da computadora na composición musical algorítmica, Xenakis fundou en 1966 o EMAMu, coñecido a partir de 1972 como CEMAMu (Centre d'Études de Mathématique et Automatique Musicales), instituto dedicado ao estudo de aplicacións informáticas na música. Alí Xenakis concibiu e desenvolveu o sistema UPIC, que permite a realización sonora directa da notación gráfica que se efectúa sobre unha taboíña.

Xenakis estivo casado coa escritora Françoise Xenakis.

Catálogo de obras

[editar | editar a fonte]
Ano Obra Tipo de obra Duración
1949Trio - voice, piano e frauta (peza escrita para Annette Dieudonné con quen estudaba neste período)Música vocal-
1949/50Pièces sans titre (Menuet, Air populaire, Allegro molto, Mélodie, Andante)Música solista (piano)
1950/51Six chansons, para pianoMúsica solista (piano)08:00
1952La colombe de la paix, para alto e coro mixto a 4 vocesMúsica coral (a capella)-
1952Zyia (2 versións: a) soprano, coro de homes e dúo (fl, pf) b) soprano, fl, pfMúsica vocal10:00
1952Dhipli zyia (dúo), para violonchelo e violinMúsica instrumental (dúo)05:30
1952Trois poèmes, para voz recitante e pianoMúsica vocal (piano)-
1952Tripli Zyia, para voz e piano (non publicada)Música vocal (piano)-
1952Zyia Kathisto, para dúo de piano (composta durante os seus estudos con Messiaen)Música solista (2 pianos)-
1952/53Procession aux eaux claires (Anastenaria I), para coro mixto, coro de homes e orquestraMúsica coral (orquestra)11:00
1953Duo, for violin and cello (non publicada)Música instrumental (dúo)
1953Le sacrifice (Anastenaria II), para 51 músicosMúsica orquestral06:00
1953Stamatis Katotakis, canción de mesa, para voz e coro de homes à 3 voixMúsica coral (a capella)-
1953/54Metastasis (terceira parte do tríptico Anastenaria), para orquestra de 60 músicosMúsica orquestral07:00
1955/56Pithoprakta, para orquestra de 49 músicosMúsica orquestral10:00
1956/57Achorripsis, para 21 instrumentosMúsica instrumental07:00
1956/62Morsina-Amorsina (ST/4, 2-030762), para piano, violin, violonchelo e contrabaixoMúsica de cámara (trío)11:00
1956/62ST/4 – 1,080262, para cuartero de cordasMúsica de cámara (cuarteto)11:00
1956/62ST/10 –1,080262, para 10 instrumentosMúsica instrumental11:00
1956/62ST/48 – 1,240162, para orquestraMúsica orquestral11:00
1957Diamorphoses, para sons gravadosMúsica electroacústica07:00
1958Concret PH (inauguración do Pavillón Philips en Bruxelas), para sons gravadosMúsica electroacústica02:45
1958/59Analogiques A e B, conxunto de cordas (9) e sons gravadosMúsica instrumental07:00
1958/62Atrées (ST/10, 3-060962), para dez instrumentosMúsica instrumental15:00
1959Duel, xogo para dúas orquestrasMúsica orquestral10:00
1959Syrmos, conxunto de cordas (18 o 36)Música instrumental15:00
1960Orient-Occident, para sons gravadosMúsica electroacústica12:00
1960Vasarely, para cinta (Esbozo. Música para a película de P. Kassowitz e E. Szabo para a Exposición Vasarely)Música de película-
1960/61Herma, para piano soloMúsica solista (piano)10:00
1961Formes Rouges, para sete instrumentos (Esbozo. Música para a película de P. Kamler)Música de película05:00
1962Bohor, sons gravadosMúsica electroacústica21:30
1962Polla ta Dhina (textos de Antígona de Sófocles), para coro de nenos e 48 músicosMúsica coral (orquestra)06:00
1962Stratégie, para 2 orquestrasMúsica orquestral10:30
1962Amorsima-Morsima, para conxunto (Esbozo. Título alternativo: ST/10 - 2,080262)Música instrumental-
1963/64Eonta, para piano e 5 instrumentos de metal (2 trompetas e 3 trombóns)Música instrumental18:00
1964Hiketides, cuarteto de metais e conxuntos de cordas (24 o dobre);Música instrumental10:00
1964/65Akrata, para cuarteto de saxofónsMúsica instrumental (cuarteto)11:00
1965/66Oresteïa (revisión de 1987), sobre textos de Esquilo, suite para coro infantil, coro mixto con accesorios e conxunto de 12 músicosCantata60:00
1965/66Terretêktorh, para 88 músicos dispersados entre o públicoMúsica orquestral18:00
1966Nomos Alpha, para violonchelo solistaMúsica solista (violonchelo)17:00
1967Polytope de Montréal, espectáculo de luz e son para 4 orquestras idénticasMúsica incidental15:00
1967Médée (Textos de Séneca), música escénica sobre textos de Séneca, para coro masculino tocando ritmos con címbalos e 5 músicosMúsica teatral25:00
1967/68Nuits sobre fonemas sumerios, asirios, aqueos e outros, para 12 voces mixtas solistas ou coro mixtoMúsica vocal (capella)12:00
1967/68Nomos Gamma, para 98 músicos dispersados entre o públicoMúsica orquestral15:00
1969Persephassa, para 6 percusionistasMúsica instrumental (percusión)24:00
1969Anaktoria, para conxunto de 8 músicos.Música instrumental11:00
1969Synaphaï, para piano e orquestraMúsica orquestral14:00
1968/69Kraanerg, música para ballet, para orquestra e cinta magnética de 4 canlesBallet75:00
1969/70Hibiki Hana Ma, para orquestra e banda magnéticaMúsica electroacústica18:00
1971Charisma, para clarinete e violoncheloMúsica instrumental (dúo)04:00
1971Antikhthon, para orquestraMúsica orquestral23:00
1971Mikka, para violon soloMúsica solista (violín)04:00
1971Aroura, para 12 instrumentos de cordaMúsica instrumental12:00
1972Linaïa-Agon, trío de metais (cor, tb, tba)Música instrumental (trío)Variable
1972Polytope de Cluny, sons gravadosMúsica incidental24:00
1972Persepolis, espectáculo luminoso, para luz e son (cinta magnética de 8 canles)Música electroacústica56:00
1972Eridanos, para clarinete e violonchelo, orquestraMúsica orquestral11:00
1973Cendrées, para coro mixto de 72 (ou 36) cantantes entoando fonemas de Iannis Xenakis e 73 músicosMúsica coral (orquestra)25:00
1973Evryali, para piano soloMúsica solista (piano)11:00
1974Noomena, para orquestraMúsica orquestral17:00
1974Gmeeoorh, para órganoMúsica solista (órgano)20:00
1974Erikhthon, para piano e orquestraMúsica orquestral15:00
1975Phlegra, para conxuntoMúsica instrumental14:00
1975Psappha, para percusiónMúsica instrumental (percusión)13:00
1975Empreintes, para orquestraMúsica orquestral12:00
1975N'Shima, sobre palabras e fonemas hebreos, para 2 mezzo-sopranos (ou altos) e 5 músicos (2 trompas, 2 trombóns e chelo amplificado)Música vocal17:00
1975/76Theraps, para contrabaixoMúsica solista (contrabaixo)11:00
1976Épei, para sextetoMúsica instrumental13:00
1976Retours–Windungen, orixinal para doce violonchelosMúsica instrumental08:00
1976Dmaaathen, óboe e percusiónMúsica instrumental (dúo)10:00
1976Khoaï, para clavecínMúsica solista (clavecin)15:00
1976Mikka "S", para violín soloMúsica solista (Violin)05:00
1977Jonchaies, para orquestra de 109 músicosMúsica orquestral17:00
1977Akanthos. Fonemas de Iannis Xenakis, para soprano e octetoMúsica vocal (instrumental)11:00
1977Kottos, para violonchelo soloMúsica solista (violonchelo)08:00
1977A Hélène, coro de mulleres ou de homesMúsica coral (a capella)10:00
1977A Colone, coro de homes ou de mulleres e conxuntoMúsica coral14:00
1977/78La légende d'eer (diatope), pieza electroacústica para banda de 8 pistasMúsica electroacústica45:50
1978Ikhoor, para trío de cordasMúsica de cámara (trío)11:00
1978Mycènes alpha, sons gravadosMúsica electroacústica10:00
1978Rothkamm--
1979Dikhthas, violín e pianoMúsica instrumental (dúo)12:00
1979Pleiades, para 6 percusionistasMúsica instrumental (percusión)42:00
1979Palimpsest, para conxunto (11)Música instrumental11:00
1979Anemoessa, coro mixto (42 ou 84) e orquestraMúsica coral (orquestra)15:00
1980Aïs, barítono, percusión e orquestraMúsica vocal (orquestra)17:00
1980Mists, para piano soloMúsica solista (piano)12:00
1981Komboï, para clavecin e percusiónMúsica instrumental (dúo)17:00
1981Nekuïa. Fonemas e textos extraídos de Siebenkäs, de Jean-Paul Richter, e de Écoute, de Françoise XenakisMúsica coral (orquestra)26:00
1981Pour la Paix [(a) coro mixto b) coro mixto, 4 recitantes e sons gravados c) 4 recitantes e sons gravados d) sons gravados)]Música coral37:00
1981Embellie, para viola solistaMúsica solista (viola)07:00
1981Serment-Orkos (Textos de Hipócrates), coro mixtoMúsica coral (a capella)07:00
1982Pour les Baleines, orquestra de cordasMúsica orquestral (cámara)02:30
1982Pour Maurice, para barítono e pianoMúsica vocal (piano)04:00
1983Chant des soleils, para coro de nenos, coro mixto, conxunto de metais e percusiónMúsica coral (instrumental)08:00
1983Khal Perr, quinteto de metais e 2 percMúsica instrumental10:30
1983Shaar, para grande orquestra de cuerdaMúsica orquestral (cámara)14:00
1983Tetras, para cuarteto de cordasMúsica de cámara (cuarteto)16:00
1983/84Lichens, para orquestraMúsica orquestral16:00
1984Naama, clavecinMúsica solista (clavecín)16:00
1984Thallein, para conxunto de cámara (14)Música de cámara17:00
1985Jalons, para conxunto de 15 músicos (a frauta tocando tamén o piccolo, óboe, clarinete, clarinete baixo, trompa, trompeta, trombón, tuba, arpa e quinteto de corda))Música instrumental15:00
1985Nyûyô, cuarteto de instrumentos xaponeses (shakuhachi, sangen e 2 kotos)Música instrumental10:00
1985Alax, para 3 ensembles (30 en total)Música instrumental22:00
1985Idmen B. Fonemas e textos tomados da Teogonia de Hesiodo, para 6 percusionistasMúsica instrumental (percusión)13:30
1985Idmen A. Fonemas tomados da Teogonia de Hesiodo, coro mixto (32 mínimo) e 4 percusionistasMúsica coral (capella)14:00
1986Akea, quinteto para cordas e pianoMúsica de cámara12:00
1986Horos, para orquestraMúsica orquestral16:00
1986Keren, para trombónMúsica solista (trombón)06:00
1986Keqrops, para piano solista e orquestra de 92 músicosMúsica orquestral17:00
1986A l'île de Gorée, clavecin e conxuntoMúsica instrumental14:00
1987Kassandra, para barítono amplificado (tamén tocando un salterio de 20 cordas) e percusiónMúsica vocal (instrumental)14:00
1987Tauriphaníe, sons gravadosMúsica electroacústica10:45
1987Tracées, para orquestraMúsica orquestral06:00
1987a r., (Hommage à Ravel), para piano soloMúsica solista (piano)03:00
1987XAS, para cuarteto de saxofónsMúsica instrumental (cuarteto)09:00
1987Ata, para orquestraMúsica orquestral16:00
1987/88Rebonds, para un percusionistaMúsica solista (Percusión)08:00
1988Waarg, para conxuntoMúsica instrumental16:00
1989Échange, para clarinete baixo e conxuntoMúsica solista (clarinete)14:00
1989Oophaa, para dúo (clavecin, percusión)Música instrumental (dúo)09:00
1989Epicycle, vc e conxuntoMúsica vocal (instrumental)12:00
1989Voyage absolu des Unari vers Andromède, sons gravadosMúsica electroacústica15:30
1989Okho, para 3 djembes (percusión)Música instrumental (percusión)13:30
1990Tetora, cuarteto de cordasMúsica de cámara (cuarteto)17:00
1990Knephas. Phonèmes de Iannis Xenakis, para coro mixtoMúsica coral (a capella)10:00
1990Kyania, para orquestraMúsica orquestral23:00
1990Tuorakemsu, para orquestraMúsica orquestral03:40
1991Roáï, para orquestraMúsica orquestral17:00
1991Troorkh, trombón e orquestraMúsica orquestral17:00
1991Paille in the wind, dúo (vc, pf)Música instrumental (dúo)07:00
1991Krinoïdi, para orquestraMúsica orquestral15:00
1991Gendy3, sons gravadosMúsica electroacústica20:00
1991Dox-Orkh, para violín e orquestraMúsica orquestral20:00
1992La déesse Athéna (La diosa Atenea), para barítono solista e conxunto mixto de 11 instrumentosMúsica vocal (instrumental)09:00
1992Pu wijnuej we fyp, coro de nenosMúsica coral (a capella)10:00
1993Plekto, para sextextoMúsica instrumental14:00
1993Mosaïques, para orquestraMúsica orquestral08:00
1993Les Bacchantes d'Euripide (Bakxai Evrvpidov) barítono, coro de mulleres e conxuntoMúsica coral (instrumental)60:00
1993/94Dämmerschein (Rays of Twilight), para grande orquestraMúsica orquestral14:00
1994Mnamas kharin Witoldowi Lutoslawskiemu (A la Mémoire de Witold Lutoslaw ), para 2 trompetas e 2 trompasMúsica instrumental04:00
1994Sea Nymphs, para coro mixtoMúsica coral (a capella)08:00
1994S.709, sons gravadosMúsica electroacústica07:00
1994Ergma, para cuarteto de cordasMúsica instrumental09:00
1995Windungen (para 8 chelos)Música instrumental-
1995Kaï, conjuntoMúsica instrumental08:00
1995Kuïlenn, conxunto de ventosMúsica instrumental07:30
1995Koïranoï, para orquestraMúsica orquestral12:00
1995Voile, conxunto de cordasMúsica instrumental05:30
1996Ioolkos, para orquestraMúsica orquestral08:30
1996Zythos, para tuba e 6 percusionistasMúsica instrumental (percusión)08:00
1996Ittidra, para sexteto de cordasMúsica instrumental08:30
1996Hunem-Iduhey, para violín e violoncheloMúsica instrumental (dúo)03:00
1996Roscobeck, para dúo (vc, cb)Música instrumental (dúo)08:00
1997O-Mega, para percusión e conxuntoMúsica instrumental03:30
1997Sea-Change, para orquestraMúsica orquestral10:00
  1. Sempre segundo as súas declaraciones, xa que en vida de le Corbusier nunca reclamou a súa autoría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Xenakis, Iannis: Formalized Music: Thought and Mathematics in Composition; serie Harmonologia nº 6. Ed. Pendragon Press; Hillsdale, NY, 2001. ISBN 1-57647-079-2
  • Xenakis, Iannis: Arts/Sciences: Alloys, The Thesis Defense of Iannis Xenakis, Pendragon Press, Nova York, 1985.
  • Matossian, Nouritza: Xenakis. Ed. Kahn and Averill; Londres, 1990. ISBN 1-871082-17-X
  • Varga Bálint András: Conversations with Iannis Xenakis. Ed. Faber and Faber; Londres, 1996. ISBN 0-571-17959-2