Iago Beceiro
Iago Beceiro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Iago Beceiro Pereiro | ||
Nacemento | 15 de marzo de 1993 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Alzira | ||
Número | 9 | ||
Carreira xuvenil | |||
2009–2012 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2012 | Fabril | 28 | (5) |
2013 | Karpaty Lviv | 0 | (0) |
2013 | Verín CF | 7 | (3) |
2013–2014 | Fabril | 9 | (5) |
2014 | Caudal | 7 | (0) |
2014 | Somozas | 0 | (0) |
2014–2016 | Verín CF | 54 | (27) |
2016–2019 | Ponferradina | 0 | (0) |
2016 | → Atlético Astorga | 14 | (3) |
2016 | → Navalcarnero | 10 | (0) |
2017 | → Barco | 16 | (2) |
2017–2018 | Arousa | 16 | (1) |
2018–2019 | Ourense CF | 32 | (6) |
2019–2020 | Tropezón | 21 | (8) |
2020–2021 | Formentera | 21 | (6) |
2021–2022 | Laredo | 32 | (12) |
2022– | Alzira | 9 | (1) |
Selección nacional | |||
2009 | España sub-17 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 5 de novembro de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Iago Beceiro Pereiro, nado na Coruña o 15 de marzo de 1993, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o Alzira, da Segunda División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na Coruña, criouse no Temple e comezou a destacar nas categorías inferiores do Imperátor, entrando no 2003 na canteira do Deportivo da Coruña.[1] Comezou no equipo alevín, pasando logo polo cadete e o xuvenil, proclamándose con este último campión da División de Honra na tempada 2009/10.[2]
Na tempada 2009/10 xogou un encontro co Fabril na Terceira División, contra o Somozas, mentres que na seguinte campaña, xa en Segunda División B, disputou catro partidos co filial. Tras ter xogado só 30 minutos en dous partidos co Fabril,[3] debutou con 17 anos e 311 días co primeiro equipo do Deportivo, nun partido de Copa do Rei contra a UD Almería, no que entrou na segunda parte como substituto de Pablo Álvarez.[4]
Xogou unha tempada máis no Fabril ata que no 2012 foi descartado polo adestrador José Luis Devesa debido á súa falta de disciplina.[5] Anunciou entón que rescindía o seu contrato e firmaba polo FC Karpaty Lviv de Ucraína, onde xogaba o tamén coruñés Lucas Pérez, co que compartía representante.[6][7] Con todo, pouco despois, Lucas foi cedido ao Dynamo de Kíiv, e Beceiro recalou tamén na capital ucraína para probar co filial.[8][9]
Regresou poucas semanas despois a Galicia, onde firmou polo Verín CF, de Preferente Autonónimca, até o final da campaña.[10] Para a tempada seguinte regresou ao Fabril, co que xogou media tempada antes de volver rescindir o seu contrato en xaneiro de 2014.[11] A continuación pasou polo Caudal asturiano e polo Somozas, nos que apenas contou con minutos.
A súa progresión futbolística vírase truncada debido á súa vida de excesos e descontrol, polo que o presidente do Verín, José Manuel Zubiela, accedeu a fichar de novo ao futbolista coa condición de que tanto el como o seu compañeiro Sergito, en condicións semellantes, vivisen na súa casa, para tentar reconducir as súas vidas.[12][13][14] Anotou 17 goles esa tempada e foi un dos artífices do ascenso do club á Terceira División.[15]
O seu bo rendemento e os 7 goles na primeira parte da seguinte tempada, fixeron que en xaneiro de 2016 o contratase a Ponferradina, que o cedeu inmediatamente ao Atlético Astorga, da Segunda B. Os seus números non foron tan bos no equipo maragato, nin tampouco na tempada seguinte, na que xogou cedido no Navalcarnero e no Barco. No verán de 2017 fichou polo Arousa, da Terceira División. Disputou 16 partidos, nos que logrou un só gol, e foi despedido en xaneiro, despois de faltar a varios adestramentos e non comunicarse co club.[16]
A continuación fichou polo Ourense CF, tamén da Terceira División, no que xogou o que restaba de tempada e outra máis, marcando 6 goles en 32 partidos.[17] Nas seguintes dúas campañas xogou no Tropezón e no Formentera, ámbolos dous de Terceira, e en 2021 fichou polo Laredo, da Segunda División RFEF.[18] Xogou unha tempada no club cántabro, sendo o máximo goleador do equipo con 12 goles en 32 partidos. En 2022 fichou polo Alzira, da mesma categoría.[19]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección española sub-17 en dúas ocasións no ano 2009.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zaballa, Pablo (9 de xullo de 2017). "La enésima oportunidad del coruñés Iago Beceiro". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Historia dos xuvenís". Deportivo da Coruña. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ Barreiros, Pedro (19 de xaneiro de 2011). "Lotina llama al indomable Beceiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Barreiros, Pedro (20 de xaneiro de 2011). "La noche solo se iluminó con el estreno de Iago Beceiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Penedo, Pablo (9 de xullo de 2017). "Iago Beceiro, el futbolista que ficha al Arousa como revulsivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Antelo, Iván (7 de setembro de 2012). "El niño rebelde de Abegondo anuncia su marcha". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Iago Beceiro se marcha al Karpaty". La Opinión A Coruña (en castelán). 6 de novembro de 2011. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Gómez, Pablo (1 de marzo de 2013). "El gallego Lucas Pérez, cedido al Dinamo de Kiev junto a Iago Beceiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Lucas Pérez ya es el primer español en la historia del Dinamo de Kiev". Marca (en castelán). 1 de marzo de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Gómez, Pablo (8 de abril de 2013). "Iago Beceiro, de Ucrania a la preferente gallega". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Antelo, Iván (29 de xaneiro de 2014). "Iago Beceiro vuelve a desvincularse del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "La última escapatoria de Beceiro y Sergito". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de outubro de 2015. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "El 'ángel de la guarda' que aupó a Iago Beceiro" (en castelán). 22 de xaneiro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ "“O jugar al fútbol o acabar preso”, la historia de Iago Beceiro en el Día Después" (en castelán). 9 de marzo de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Iago Beceiro y Juampa Barros ya son 'verdes'" (en castelán). 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Fernández, Menchu (18 de xaneiro de 2018). "Iago Beceiro reaparece y acuerda su despido con el Arousa". As (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Rodríguez, Luis M. (19 de febreiro de 2018). "Beceiro se refugia en Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Iago Beceiro, nuevo delantero del CD Laredo" (en castelán). 24 de agosto de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Los golazos y la historia de superación de Iago Beceiro, nuevo goleador de la UD Alzira" (en castelán). 30 de xuño de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2022.
- ↑ "El coruñés Iago Beceiro debuta con España sub-17". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de decembro de 2009. Consultado o 9 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1993
- Nados na Coruña
- Futbolistas da Coruña
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do FC Karpaty Lviv
- Xogadores do Verín CF
- Xogadores do Caudal Deportivo
- Xogadores da UD Somozas
- Xogadores da SD Ponferradina
- Xogadores do Atlético Astorga FC
- Xogadores do CDA Navalcarnero
- Xogadores do CD Barco
- Xogadores do Arosa SC
- Xogadores do Ourense CF
- Xogadores do CD Tropezón
- Xogadores da SD Formentera
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-17