Iñaki Aldekoa
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 Amorebieta-Etxano, España |
Morte | 8 de abril de 2021 (80/81 anos) |
Causa da morte | Linfoma |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de xullo de 1986 – 7 de xullo de 1987 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Actividade | |
Ocupación | político, enxeñeiro químico |
Partido político | Aralar (2001–2017) Herri Batasuna Basque Socialist Party (en) ETA Berri |
Iñaki Aldekoa Azarloza, nado en Amorebieta (Biscaia) en 1940 e finado o 8 de abril de 2021,[1] foi un enxeñeiro químico e político vasco de ideoloxía independentista. Foi elixido parlamentario foral de Navarra nas eleccións de 1979 e 1983 por Herri Batasuna, de cuxa Mesa Nacional formou parte. Tamén foi elixido nas eleccións xerais españolas de 1986 como o primeiro parlamentario navarro no Congreso dos Deputados representando a devandita coalición.[2]
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]A súa traxectoria política iniciouse na clandestinidade, cando se afiliou ás mocidades nacionalistas de EGI. Como consecuencia desa militancia, pasou un ano na prisión de Larrínaga (Bilbao). Baixo a influencia das lecturas de José Ramón Recalde, membro da Fronte de Liberación Popular (máis coñecido por FELIPE), e desconforme coas actuacións de Euskadi Ta Askatasuna (ETA), pasou a ETA Berri, organización da que se desvinculou axiña ó considerala españolista.[2]
Posteriormente ingresou en ELA-Movemento Socialista de Euskadi, onde desenvolveu toda a súa militancia até a transición política española, trala morte de Franco.[2]
En 1977, foi elixido secretario xeral do novo Partido Socialista Vasco (ESB-PSV), formado a partir dunha escisión do sindicato ELA-STV e que sería un dos catro partidos que formaron a coalición Herri Batasuna (HB).[2]
Foi parlamentario foral de Navarra en 1979 por HB, de cuxa Mesa Nacional formou parte, resultando reelixido nas eleccións do 8 de maio de 1983. En marzo de 1982 foi xulgado por asistencia á banda terrorista ETA, permanecendo no cárcere de Alcalá de Henares durante tres anos (1983-1985). En 1986 foi elixido deputado no Congreso español, o único escano obtido por HB en Navarra.[2]
Participou nas frustradas conversacións de Alxer entre o Goberno español e ETA (1986-1989) e pasou a residir en Chile, onde acolleu con desánimo a nova do fin do alto ao fogo de ETA xa que consideraba «inviable calquera proceso de liberación dun país por vía armada» e que había que acoller «as vías claramente políticas e en consonancia co contexto xurídico e legal internacional».[2]
Este enfoque crítico con ETA levouno a ingresar no partido político Aralar, de cuxa Comisión Executiva Nacional e Comisión Executiva de Áraba foi membro, ademais de representante electo nas Xuntas Xerais de Áraba.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |