Iñaki Aldekoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIñaki Aldekoa

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata
Amorebieta-Etxano, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de abril de 2021 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Linfoma Editar o valor em Wikidata)
Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xullo de 1986 – 7 de xullo de 1987

Circunscrición electoral: Navarre (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , enxeñeiro químico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAralar (2001–2017)
Herri Batasuna
Basque Socialist Party (en) Traducir
ETA Berri Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Iñaki Aldekoa Azarloza, nado en Amorebieta (Biscaia) en 1940 e finado o 8 de abril de 2021,[1] foi un enxeñeiro químico e político vasco de ideoloxía independentista. Foi elixido parlamentario foral de Navarra nas eleccións de 1979 e 1983 por Herri Batasuna, de cuxa Mesa Nacional formou parte. Tamén foi elixido nas eleccións xerais españolas de 1986 como o primeiro parlamentario navarro no Congreso dos Deputados representando a devandita coalición.[2]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

A súa traxectoria política iniciouse na clandestinidade, cando se afiliou ás mocidades nacionalistas de EGI. Como consecuencia desa militancia, pasou un ano na prisión de Larrínaga (Bilbao). Baixo a influencia das lecturas de José Ramón Recalde, membro da Fronte de Liberación Popular (máis coñecido por FELIPE), e desconforme coas actuacións de Euskadi Ta Askatasuna (ETA), pasou a ETA Berri, organización da que se desvinculou axiña ó considerala españolista.[2]

Posteriormente ingresou en ELA-Movemento Socialista de Euskadi, onde desenvolveu toda a súa militancia até a transición política española, trala morte de Franco.[2]

En 1977, foi elixido secretario xeral do novo Partido Socialista Vasco (ESB-PSV), formado a partir dunha escisión do sindicato ELA-STV e que sería un dos catro partidos que formaron a coalición Herri Batasuna (HB).[2]

Foi parlamentario foral de Navarra en 1979 por HB, de cuxa Mesa Nacional formou parte, resultando reelixido nas eleccións do 8 de maio de 1983. En marzo de 1982 foi xulgado por asistencia á banda terrorista ETA, permanecendo no cárcere de Alcalá de Henares durante tres anos (1983-1985). En 1986 foi elixido deputado no Congreso español, o único escano obtido por HB en Navarra.[2]

Participou nas frustradas conversacións de Alxer entre o Goberno español e ETA (1986-1989) e pasou a residir en Chile, onde acolleu con desánimo a nova do fin do alto ao fogo de ETA xa que consideraba «inviable calquera proceso de liberación dun país por vía armada» e que había que acoller «as vías claramente políticas e en consonancia co contexto xurídico e legal internacional».[2]

Este enfoque crítico con ETA levouno a ingresar no partido político Aralar, de cuxa Comisión Executiva Nacional e Comisión Executiva de Áraba foi membro, ademais de representante electo nas Xuntas Xerais de Áraba.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muere Iñaki Aldekoa, exparlamentario foral de Herri Batasuna y exdiputado por Navarra". www.noticiasdenavarra.com (en castelán). Consultado o 2021-04-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Iñaki Aldekoa Azarloza". euskomedia.org. Consultado o 23 de decembro de 2011.