Polanos occidentais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Outra tribo distinta, a dos polanos orientais, vivía na zona do río Dniepper.
Polanie

Os polanos (en polaco, polanie) foron unha tribo eslava que habitou as beiras do río Warta a finais do século VIII.

Historia[editar | editar a fonte]

Cara ao século X, chegaran a se-la tribo máis poderosa entre os ríos Odra e Bug e entre os Cárpatos e o Mar Báltico, asoballando as demais tribos eslavas. No século X tamén conseguiron integrar as terras da Masovia, Cujavia e Grande Polonia.

Os achados arqueolóxicos máis recentes mostran catro fortalezas principais no antigo estado polano:

  • Giecz - lugar desde onde os piasts controlaron outros grupos de polanos.
  • Poznannia - o maior gród no estado, probabelmente a principal fortaleza.
  • Gniezno - probabelmente o centro relixioso do estado, mais non hai achados arqueolóxicos para probar esa teoría.
  • Ostrów Lednicki - pequena fortaleza a medio camiño entre Poznan e Gniezno.

A unión tribal liderada pola dinastía Piast en breve se transformaría no que hoxe é a Polonia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]