Boleslao I de Polonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Boleslao I de Polonia
Bacciarelli - Chrobry.jpeg
Nacemento967
 Poznań
Falecemento17 de xuño de 1025
 Gniezno
SoterradoArchcathedral Basilica of St. Peter and St. Paul
NacionalidadePolonia
Ocupaciónpolítico
PaiMiecislao I de Polonia
NaiDoubravka of Bohemia
CónxuxeJudith of Hungary, Emnilda of Lusatia e Oda of Meissen
FillosBezprym, Regelinda, Mieszko II da Polónia, Otto Bolesławowic e sen etiquetar
IrmánsGunhilda, Sigrid Storråda, Lambert Mieszkowic, Mieszko Mieszkowic, Świętopełk Mieszkowic e Gunzelin, Margrave of Meissen
editar datos en Wikidata ]

Boleslao I o Bravo (en polaco: Bolesław I Chrobry) nado en Poznan en 966 ou 967 e finado posiblemente en Cracovia o 17 de xuño de 1025, coñecido tamén como Boleslao I o Grande (en polaco: Bolesław I Wielki), foi duque de Polonia entre 992 e 1025, e o primeiro rei de Polonia en 1025. Como Boleslao IV tamén foi duque de Bohemia entre 1002 e 1003. Era fillo de Miecislao I de Polonia e da súa esposa Dobrawa de Bohemia. Segundo a teoría académica, Boleslao gobernou sobre a Polonia Menor xa durante os últimos anos do reinado do seu pai. Miecislao I, que faleceu en 992, dividiu Polonia entre os seus fillos, pero Boleslao expulsou a última esposa do seu pai, Oda de Haldensleben, e os seus medio irmáns e reunificou Polonia entre 992 e 995.

Apoiou as ideas misioneiras de Adalberto, bispo de Praga e de Bruno de Querfurt. O martirio de Adalberto en 997 e a súa inminente canonización foron empregadas para consolidar a autonomía polaca fronte ao Sacro Imperio Romano Xermánico. Isto quizais ocorreu máis claramente durante o congreso de Gniezno (11 de marzo de 1000), que resultou no establecemento da estrutura da igrexa polaca cunha sé metropolitana en Gniezno. Esta sé foi independente do arcebispado alemán de Magdeburgo, que intentara reclamar a súa xurisdición sobre a igrexa polaca. Tralo congreso, establecéronse bispados en Cracovia, Wrocław e Kołobrzeg, e Boleslao rexeitou formalmente pagar impostos ao Imperio. Despois da morte do emperador Otón III en 1002, Boleslao enfrontouse nunha serie de guerras contra o imperio e contra o primo e herdeiro de Otón, Henrique II, que acabaron coa paz de Bautzen (1018). No verán de 1018, nunha das súas expedicións, Boleslao capturou Kiev, onde instalou o seu xenro Sviatopolk I como gobernante. Segundo a lenda, Boleslao crebou a súa espada cando golpeou a Porta Dourada de Kiev. Despois, segundo esta lenda, unha espada chamada Szczerbiec ("espada serrada") sería a espada da coroación dos reis de Polonia.

Boleslao I foi un destacado político, estratego e estadista. Non só converteu Polonia nun país comparable ás monarquías occidentais, senón que o levou a estar no plano frontal dos estados europeos. Boleslao dirixiu con éxito campañas militares no oeste, no sur e no leste. Consolidou as terras polacas e conquistou territorios alén das fronteiras da moderna Polonia, incluíndo Eslovaquia, Moravia, Rutenia Vermella, Meissen, Lusacia e Bohemia. Foi un poderoso mediador nos asuntos da Europa central. Finalmente, como culminación do seu reinado, en 1025 coroouse rei de Polonia, sendo o primeiro gobernante polaco que recibiu o título de rex (en latín, rei).

Foi un hábil administrador que estableceu a "Lei do Príncipe" e construíu moitas fortificacións, igrexas, mosteiros e pontes. Introduciu a primeira unidade monetaria polaca, a grzywna, dividida en 240 denarii,[1] e cuñou a súa propia moeda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da dinastía Piast, era fillo de Mieszko I e da súa primeira esposa, a princesa checa Dobrava.[1][2] casou con Emnilda de Lusacia coa que tivo un fillo, Miecislao II, quen lle sucedeu no trono. A súa segunda esposa foi a princesa Judit de Hungría, filla do príncipe Géza[3][4] e irmá de santo Estevo I de Hungría. Do seu matrimonio con Judit, Boleslao I tivo outro fillo, Bezprym, que non chegou a reinar.[5] Boleslao I reinou como duque de Polonia de 992 a 1025 e como rei de Polonia en 1025.

Evolución territorial polaca durante o reinado de Boleslao.

Fundador da independencia polaca, conquistou Gdańsk, Cracovia e Silesia, e arrebatou Moravia a Bohemia. En 1025 foi coroado rei aproveitando a morte do emperador xermánico Henrique II. Sistematizou a administración e os impostos e estendeu o seu país ao mar Báltico. Logo da súa morte, todos os monarcas polacos ostentaro o título de príncipe (duque) ata que en 1295 utilizaron hereditariamente o de "rei" e Polonia foi ascendida ao rango de reino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 A. Czubinski, J. Topolski, Historia Polski, Ossolineum, 1989.
  2. L. Bielski, M.Traba, Poczet Krolow i Ksazat Polskich. Pp.18–28
  3. Oswald Balzer: Genealogia Piastów, Kraków 1895, pp. 39–41
  4. S. a. Sroka, Historia Węgier do 1526 roku w zarysie, p. 19.
  5. Kazimierz Jasiński: Rodowód pierwszych Piastów, Warsaw 1993

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Life of the Five Brethren by Bruno of Querfurt (Translated by Marina Miladinov)" (2013). In Saints of the Christianization Age of Central Europe (Tenth-Eleventh Centuries) (Edited by Gábor Klaniczay, translated by Cristian Gaşpar and Marina Miladinov, with an introductory essay by Ian Wood) [Central European Medieval Texts, Volume 6.]. Central European University Press. pp. 183–314. ISBN 978-615-5225-20-8.
  • "Life of Saint Adalbert Bishop of Prague and Martyr (Translated by Cristian Gaşpar)" (2013). In Saints of the Christianization Age of Central Europe (Tenth-Eleventh Centuries) (Edited by Gábor Klaniczay, translated by Cristian Gaşpar and Marina Miladinov, with an introductory essay by Ian Wood) [Central European Medieval Texts, Volume 6.]. Central European University Press. pp. 77–182. ISBN 978-615-5225-20-8.
  • Ottonian Germany: The Chronicon of Thietmar of Merseburg (Translated and annotated by David A. Warner) (2001). Manchester University Press. ISBN 0-7190-4926-1.
  • "The Deeds of Conrad II (Wipo)" (2000). In Imperial Lives & Letters of the Eleventh Century (Translated by Theodor E. Mommsen and Karl F. Morrison, with a historical introduction and new suggested readings by Karl F. Morrison, edited by Robert L. Benson). Columbia University Press. pp. 52–100. ISBN 978-0-231-12121-7.
  • The Deeds of the Princes of the Poles (Translated and annotated by Paul W. Knoll and Frank Schaer with a preface by Thomas N. Bisson) (2003). CEU Press. ISBN 963-9241-40-7.