Saltar ao contido

Hirundínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hirundinidae»)
Hirundinidae

Delichon urbicum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Hirundinidae
Vigors, 1825
Xéneros
Andoriña das Bahamas.

A familia dos hirundínidos (Hirundinidae) comprende os avións e as andoriñas, paxaros de tamaño pequeno ou mediano (de 11 a 22 cm) que se alimentan en voo.

Características

[editar | editar a fonte]

Teñen o corpo fusiforme e ás longas e moitas especies teñen a cola pinzada. O pico é curto, pero poden abrilo moito para capturar insectos en voo. As patas están adaptadas á vida nas árbores e os dedos frontais están parcialmente unidos pola base.

Morfoloxía e hábitat

[editar | editar a fonte]

Son aves cosmopolitas e frecuentan unha gran variedade de medios, desde as rexións semiáridas até os bosques, xeralmente preto da auga. Constrúen niños de terra ou de area e de algas aglomeradas cunha mestura de saliva e ás veces plumas, pegados en paredes ou en cavidades de cantís ou grutas, excepto unha especie, a Riparia riparia, que escava un tobo en paredes areosas ou de terra branda. Moitas especies aniñan en grandes colonias.

Subfamilia Pseudochelidoninae (avións ribeiregos)

[editar | editar a fonte]

Subfamilia Hirundininae (avións e andoriñas)

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]