Saltar ao contido

Sociedad Española de Ornitología

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Sociedad Española de Ornitología
 Instancia de
 Parte de
Características
 Forma xurídica
 Campo de traballo
Datas
 Fundación / creación
15 de maio de 1954 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Número de membros
   16.678 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
86 (2018)
104 (2023) Editar o valor en Wikidata
 Ingresos totais
7.975.367 € (2020)
5.326.674 € (2018)
8.158.698,7 € (2022) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF129683692 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000111671609 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04zxhwd Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310321550 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: seobirdlife Twitter: SEO_BirdLife Instagram: seo_birdlife LinkedIn: seo-birdlife Youtube: UCg6OElsAGYmkuSySkZpaNGw TikTok: seo_birdlife BNE: XX101661 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Sociedad Española de Ornitología (SEO, na actualidade SEO/BirdLife) é unha organización non gobernamental de utilidade pública que ten como principais obxectivos a conservación e o estudo das aves e os seus hábitats. Está inscrita como ONGD na AECID. Actualmente ten máis de 11.000 socios e uns 5.000 voluntarios. Os seus socios máis activos agrúpanse nos denominados Grupos Locais dos que na actualidade existen 32 repartidos por toda España. A sede central está situada en Madrid e ademais existen delegacións en Aragón, Andalucía, Canarias, Cantabria, Cataluña, Estremadura e na Comunidade Valenciana, ademais de oficinas en Doñana e no Delta do Ebro.

SEO/BirdLife, é a ONG conservacionista máis antiga de España con máis de 50 anos de experiencia na defensa e estudo das aves e dos seus hábitats. Foi fundada o 15 de maio de 1954 no Museo de Ciencias Naturais de Madrid cun núcleo fundador formado por 85 persoas. Desde o seu comezo SEO/BirdLife publicou unha revista científica semestral, Ardeola, e en 1957 creou un Centro de Migración de Aves. Tamén conta cunha revista trimestral, La Garcilla que reciben todos os seus socios. Forma parte de cinco grandes ONG ambentalistas de España xunto con Greenpeace, WWF, Amigos de la Tierra e Ecologistas en Acción.

A nivel internacional forma parte de BirdLife International, unha federación mundial que agrupa a máis de tres millóns de socios en 111 países, dedicada á conservación da biodiversidade en todo o mundo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]