Hirakata (枚方市, ひらかたし, Hirakata-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó nordés da prefectura, na zona norte da provincia histórica de Kawachi, no centro da rexión de Kinki, e no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 65,08km² de superficie, unha poboación de 406.463 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 6.250 hab./km².