Clan Leslie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clan Leslie
Emblema
Clan member crest badge - Clan Leslie.svg
Lema: Grip fast (agárrate axiña)
Perfil
Rexión Terras Baixas Escocesas
Distrito Aberdeenshire
Nome gaélico Mac an Fheisdeir[1]
Xefe

Arms of Leslie, Earl of Rothes.svg
The Rt. Hon. James Malcolm David Leslie
XXII Conde de Rothes
Asentamento Casa Whitefield
Asentamento histórico Castelo Leslie


O Clan Leslie (en escocés: Clann Mac an Fheisdeir) é un clan escocés das Terras Baixas.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Mapa de Escocia amosando o distrito de Aberdeenshire, onde viviron os Leslie.

O proxenitor do Clan Leslie era un home chamado Bartolf, que era un nobre de Hungría e chegou a Escocia en 1067.[2] Bartolf pertencía supostamente ó séquito de Edgar Ætheling, irmán de Santa Margarida de Escocia, quen posteriormente sería raíña de Malcolm III de Escocia.[2] Postriormente, casou coa irmá de Malcolm III, a princesa Beatriz de Escocia.[3] De Bartolf dicíase que era un home espelido e valente, e como resultado diso, Malcolm III fíxoo gobernador do Castelo de Edimburgo e deulle terras en Fife, Angus, Mearns e Aberdeenshire.[2] Bartolf axudou á raíña a cruzar a cabalo un río perigoso e foi cando Bartolf lle dixo o deu "grip fast" (agárrate axiña), que é de onde vén o lema do clan.[2]

Bartolf estableceuse en Garioch, no distrito de Aberdeenshire, nun lugar coñecido como Lesselyn. En Lesselyn, construíu un castelo e o nome do lugar deveu en Lesley, o nome do clan.[2] O fillo de Bartolf chamouse Malcolm e foi feito gardián do Castelo Inverury, que mantivo para David II de Escocia.[2] O seu tataraneto foi Sir Norman Lesley, quen adquiriu as terras de Fythkill en Fife, que posteriormente foron chamadas Lesley arredor do 1282.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clan Leslie Profile Arquivado 22 de maio de 2013 en Wayback Machine. scotclans.com. Consultado o 2 de decembro de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Way & Squire (1994), pp. 194-195
  3. "Clan Leslie History". clanleslie.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Way, and Squire, Romily, George; Squire, Romily (1994). Collins Scottish Clan & Family Encyclopedia (en inglés). Londres: HarperCollins. ISBN 978-0004705477. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]