Clan Agnew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Clan Agnew
Emblema
Clan member crest badge - Clan Agnew.svg
Lema: CONSILIO NON IMPETU ("Polo consello, non pola forza")
Perfil
Rexión Lowlands
Distrito Dumfries e Galloway
Nome gaélico MacGniomh
Xefe

Arms of Baronet Agnew of Lochnaw.jpg
Sir Crispin Agnew
XI Barón de Lochnaw
Asentamento histórico Castelo Lochnaw



O Clan Agnew (en escocés: Clann MacGniomh) é un clan escocés das Lowlands de Wigtownshire e Galloway no suroeste de Escocia.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

Hai dúas teorías sobre a orixe do nome dos Agnew. A máis aceptada é a que di que provén do francés e deriva da baronía d'Agneaux en Normandía. Os emigrantes do continente asentáronse primeiro en Inglaterra, antes de trasladarse cara o norte no século XII ata Liddlesdale, Escocia. A outra teoría propón que o Clan Agnew está conectado cunha das tribos do Ulster, en Irlanda, quizais os O'Gnive — pronunciado O'New. Outras versións do nome son Egnew, Aganew, Vans Agnew, O'Gnive, O'Gnyw, O Gniomha e MacGnive. Os Agnews poderían estar relacionados co Rei Somerled do cal descende o Clan MacDonald.

Século XIV[editar | editar a fonte]

En 1318 o señor Agnew de Larne acompañou a Edward Bruce, o irmán de Robert I de Escocia, a Irlanda. Edward fora convidado polos señores irlandeses para expulsar ós ingleses e gobernar como Rei de Irlanda. Agnew permaneceu en Irlanda durante tres anos mentres Edward se establecía alí.

Século XV[editar | editar a fonte]

A Andrew Agnew de Lochnaw concedéronselle as terras do Castelo de Lochnaw en 1426. En 1451 foi nomeado shériff de Wigtown, unha honra aínda ostentada polos seus descendentes directos.

Durante o século XV, o Clan Agnew chegou ó poder baixo a influencia do Clan Douglas. Os Agnews de Galloway beneficiáronse cando o Clan Douglas caeu en desgraza co monarca. Porén, este púxose en conflito co Clan MacKie e co Clan MacLellan.

Século XVI[editar | editar a fonte]

Andrew Agnew de Lochnaw morre na Batalla de Pinkie en 1547 loitando contra os ingleses.

Século XVII[editar | editar a fonte]

Sir Patrick Agnew foi MP por Wigtownshire entre 1628 e 1633, e outra vez entre 1643 e 1647. Converteuse en barón de Nova Escocia o 28 de xullo de 1629. Casou con Anne Stewart, filla do Conde de Galloway. Cando morreu en 1661, foi sucedido polo seu fillo maior, Andrew, que tamén sería MP por Wigtownshire. Sir Patrick foi shériff de Kirkcudbright e Wigtown durante a década de 1650, mentres Escocia foi parte do protectorado de Inglaterra.

Século XVIII[editar | editar a fonte]

Tartán do clan Agnew

Andrew Agnew, o quinto barón, casou con Eleanor Agnew de Lochryan, con quen tivo vinte un fillos. Era un soldado condecorado que comandou a 21st Foot (que despois sería a Royal Scots Fusiliers) contra os franceses na Batalla de Dettingen en 1743. Rei Xurxo II de Gran Bretaña, o derradeiro monarca británico que liderou ás tropas en batalla, comentoulle a Agnew que a cabalería francesa vencera ó seu rexemento ó que Sir Andrew contestou, "Si, Maxestade, pero non han vencer de novo"

Durante a Rebelión xacobina de 1745, o Clan mantivo o seu apoio ó Goberno Británico. Sir Andrew mantivo o Castelo de Blair, situado no Ducado de Atholl do cal era xefe o Clan Murray, contra as forzas xacobinas. O Clan Murray estaba dividido xa que o seu xefe apoiaba ó Goberno inglés mentres que o seu fillo apoiaba ós xacobinos. As forzas de Agnew estaban preto de morrer de fame ata Charles Edward Stuart as chamou para atender ó avance de Príncipe William Augustus, Duque de Cumberland.[1]

Castelos[editar | editar a fonte]

Castelo de Lochnaw no 2007

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Scots magazine and Edinburgh literary miscellany, Volume 70, Part 1 (1808).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]