Highland Clearances

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casas de cría en ruínas en Fuaigh Mòr (illa hoxe día non habitada do Reino Unido situada en Escocia). A zona de Fuaigh Mòr quedou deshabitada en 1841, e a partir dese momento soamente é usada para o pastoreo de ovellas.
A mesma zona da foto anterior, doutra perspectiva, onde pode observarse a separación entre a chamada illa de Fuaigh Mòr (onde se atopan as casas de cría en ruínas), e a área habitada de maior tamaño, que se observa de lonxe, coñecida como Illa de Lewis.

Highland Clearances ("limpeza" das Highlands) en inglés e Fuadach nan Gàidheal (expulsión dos gaels) en gaélico escocés, foi un desprazamento forzado da poboación das Highlands, principalmente entre 1750 e 1860. Este desprazamento provocou unha migración masiva cara aos Lowlands e cara ao estranxeiro. Estas "limpezas" formaron parte dun cambio xeral no sistema agrícola do Reino Unido, pero este desprazamento en concreto, pola súa cronoloxía tardía, a ausencia de protección legal para os arrendatarios a curto prazo baixo as leis escocesas, a ruptura brusca co sistema de clans anterior, así como a brutalidade de moitas das ordes de expulsión, fixeron das Highland clearances un evento traumático que adquiriu notoriedade.[1]

Os procesos que despoboaron as zonas rurais do sur de Escocia durante a Revolución agrícola británica coñécese como Lowland Clearances, pero o efecto sobre a zona setentrional de Escocia -na que se falaba en gaélico escocés e mantíñase a cultura semifeudal dos clans- produciu a aparición de protestas e de resentimento por parte dos descendentes dos que foron obrigados a emigrar, ou ben obrigados a subsistir nos suburbios das cidades ou en pequenas zonas marxinais (transformados en crofters, arrendatarios de pequenos terreos, e traballando para os terratenentes en condicións infrahumanas).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Les Highland Clearances ou Evictions, sitio digital 'Assemblée Celtique, Portail du Monde Celte', 4 de novembro de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]