Herbert James Draper
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de novembro de 1863 Londres |
| Morte | 22 de setembro de 1920 Londres |
| Educación | Bruce Castle School (en) St John's Wood Art School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Arte visual e pintura |
| Ocupación | pintor, ilustrador, artista visual |
| Xénero artístico | Retrato |
| Movemento | Clasicismo |
| Obra | |
Obras destacables
| |
Herbert James Draper, nado Londres en 1863 e finado en 1920, foi un pintor inglés da época vitoriana.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Fillo dun xoieiro, estudou arte na Real Academia de Londres e realizou varias viaxes educativas a Roma e París entre 1888 e 1892. En 1890 mesmo traballou como ilustrador.
Madurez
[editar | editar a fonte]En 1891 casou con Ida (de solteira Williams) coa que tivo unha filla, Yvonne. En 1894 comezou o seu período máis produtivo, centrándose principalmente en temas mitolóxicos da antiga Grecia.
Pasamento
[editar | editar a fonte]Morreu de arteriosclerose en 1920.
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]O seu Lamento por Ícaro de 1898 gañou a medalla de ouro na Exposición Universal de 1900 en París.
En vida foi moi coñecido e os seus retratos apreciados, pero nos seus últimos anos a súa fama esmoreceu. Só a principios do século XXI rexurdiu o interese pola súa obra no mercado da arte.
Galería
[editar | editar a fonte]- A mañá da vendima
- Unha rapaza xunto á piscina
- Illa de Calipso
- A Kelpie, 1903.
- Tristán e Isolda
- A Náiade, 1908.
- Ida Draper (muller do artista)
- Ariadna
- Unha ninfa nun claro iluminado polo sol
- Polos mares de verán
- As perlas de Afrodita
- A Lamia, 1909
- Bañista
- A arte e o xade
- Retrato da señorita Barbara De Selincourt
- Clitias na néboa
- O Lamento por Ícaro, 1898.
- Polo día de Santa Dorotea, 1899.
- Un bebé de auga
- Próspero
- A doncela do mar
- Portas do amencer
- No estudo
- Melodías mariñas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Herbert James Draper, 1864-1920: An Overview" (en inglés). Consultado o 22 de outubro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herbert James Draper |
