Saltar ao contido

Herba becerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herba becerra
 Nome taxon
    Antirrhinum majus
 Nome curto
    A. majus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
Características
 Rusticidade da planta
7 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeLamiales
 FamiliaPlantaginaceae
 TriboAntirrhineae
 XéneroAntirrhinum
 EspecieAntirrhinum majus Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Antirrhinum majus Editar o valor en Wikidata
Localización
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0d5s_b Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778104752 Editar o valor en Wikidata
ITIS33471 Editar o valor en Wikidata
OTT596457 Editar o valor en Wikidata
CoLF2W4 Editar o valor en Wikidata
EOL578449 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000539365 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A herba becerra ou herba do can[1] Antirrhinum majus é unha especie de planta da familia das plantaxináceas de talo ergueito, con follas simples, opostas na base do talo e alternas máis arriba e flores en acios de distintas cores, de forma característica,[2] nativa do Mediterráneo, desde Marrocos, Portugal e sur de Francia, até o leste de Turquía e Siria.[3][4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Planta bienal até perenne, de 1,5–2 m de altura, coa base algo leñosa, máis ou menos ramificada, ascendente até recta, desigualmente vilosa e glandulosa. Follas inferiores opostas, as superiores alternas, lineares, de 1–7 cm de longo e 1–25 mm de ancho, sésiles, de marxes enteiras, de base acuñada. Inflorescencias en acios terminais. Cáliz de até 8 mm de longo, con sépalos de igual lonxitude, oblongos até largos. Corola vermello púrpura, de até case 5 cm de longo, cun labio superior bilobado e un inferior dividido en tres partes. Tubo corolino pechado por 2 prominencias avultadas. 4 estames no tubo corolino. Cápsula de até 14 mm de longo, gladulosa até glabra, oblonga, con tres poros.

Pedregueiras, rochedos, paredes, pendentes pedrentas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Mediterráneo de España até Turquía e Siria. Cultivada e moi estendida.

Antirrhinum majus subsp. linkianum.
Ilustración
Detalle da flor
Nun selo postal de Rusia
Inflorescencia
Cultivar

Cultivo e usos

[editar | editar a fonte]

As diversas especies son plantadas en xardíns polas súas flores. É tratada como planta anual, especialmente en zonas frías onde non sobrevive ao inverno. Numerosos cultivares están dispoñíbeis, incluíndo plantas con flores de cor lavanda, laranxa, rosa, amarela, ou brancas, e tamén cunha floración simétrica.[5]

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Principios activos: contén mucilaxes, ácido gálico, resinas, pectina, rinantina, amargos.[6]

Indicacións: é emoliente tópico. Antifloxístico, resolvente. Adstrinxente, detersivo, antiescorbútico, hepático, diurético. É eficaz contra as inflamacións, úsase para as almorrás. Utilizouse en gargarexos contra ulceraciones da cavidade bucal. Internamente en colite e pirose. Externamente, como cataplasmas, sobre os eritemas.[6]

Estudos no desenvolvemento da simetría bilateral

[editar | editar a fonte]

O desenvolvemento da monosimetría floral foi investigado mediante o uso de xenética molecular e un dos modelos máis usados neste eido foi a herba becerra (xénero Antirrhinum). Como primeiro modelo foi usada a especie Antirrhinum majus. En termos adaptativos a monosimetría semella evolucionar varias veces de forma independente a partir da simetría radial debido a que é un sistema exitoso en relación ao gran potencial para a precisión dos mecanismos de polinización por animais.[7]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Antirrhinum majus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 617. 1753.[8]

Etimoloxía

Antirrhinum: nome xenérico que deriva do grego anti = "como," e rhinon = "nariz," por mor de que as flores semellan teren un nariz.[9]

majus: epíteto latino que significa "maior".[10]

Subespecies

Hai 5 subespecies:[3][4]

  • Antirrhinum majus subsp. majus. Sur de Francia, nordés de España
  • Antirrhinum majus subsp. cirrhigerum (Ficalho) Franco. Sur de Portugal, suroeste de España
  • Antirrhinum majus subsp. linkianum (Boiss. & Reut.) Rothm. Oeste de Portugal (endémica)
  • Antirrhinum majus subsp. litigiosum (Pau) Rothm. Sueste de España aínda que tamén se atoparon no oeste do mesmo país.
  • Antirrhinum majus subsp. tortuosum (Bosc) Rouy
Sinonimia
  • Antirrhinum grandiflorum Stokes
  • Antirrhinum hispanorum Bordère ex Rothm.
  • Antirrhinum latifolium var. purpurascens Benth.
  • Antirrhinum majus var. ongipedunculatum Regel
  • Antirrhinum majus var. peloria Migout
  • Antirrhinum majus var. pseudoma jus.
  • Antirrhinum murale Salisb.
  • Antirrhinum vulgare Bubani[11]
  1. ↑ Nomenclatura vernácula da flora vascular galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
  2. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para herba.
  3. 1 2 Flora Europaea: Antirrhinum majus
  4. 1 2 Germplasm Resources Information Network: Antirrhinum majus Arquivado 26 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
  5. ↑ Huxley, A, ed. (1992).
  6. 1 2 "Antirrhinum majus". Plantas útiles: Linné. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2009.
  7. ↑ ALMEIDA & GALEGO, 2005
  8. ↑ "Herba becerra". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de decembro de 2012.
  9. ↑ En Nomes botánicos
  10. ↑ En Epítetos Botánicos
  11. ↑ "Plant List". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]