Henry Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henry Adams
Henry Adams.jpg
AlcumeFrances Snow Compton
Nacemento16 de febreiro de 1838 e 1838
Lugar de nacementoBoston
Falecemento27 de marzo de 1918 e 1918
Lugar de falecementoWashington, D.C.
SoterradoAdams Memorial
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard e Universidade Humboldt de Berlín
Ocupaciónxornalista, novelista, historiador da idade moderna, historiador, escritor, matemático, secretario, editor literario e historiador da arte
PaiCharles Francis Adams
NaiAbigail Brown Brooks
CónxuxeMarian Hooper Adams
IrmánsCharles Francis Adams, Jr., Brooks Adams e John Quincy Adams II
Coñecido porThe Education of Henry Adams
PremiosPrémio Pulitzer de Biografia ou Autobiografia, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Legum Doctor
Na rede
WikiTree: Adams-20 Find a Grave: 5 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Henry Adams, nado en Boston en 1838 e morto en Washington en 1918, foi un historiador, xornalista e novelista norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia de grande influencia, tiña dous antepasados presidentes do país. En 1858 despois de se graduar en Harvard parte para Europa en viaxe de estudos. En 1861 cando seu pai foi nomeado embaixador en Londres, por Abraham Lincoln, Henry acompañouno como secretario privado.

En 1868 regresou aos Estados Unidos, establecéndose en Washington, onde traballou como xornalista ata que en 1870 entre como profesor de historia medieval en Harvard, retírandose en 1877, volta a Washington, aínda que segue traballando como historiador.

Publicou dúas novelas: Democracy publicada anonimamente en 1880 e Esther, baixo o alcume de Frances Snow Compton en 1884.

O suicidio da súa muller en 1885, aféctalle fondamente, Adams pasara o resto da súa vida nunha viaxe permanente, pasando os veráns en París e os invernos en Washington.

En 1907 publica a súa autobiografía: The Education of Henry Adams. (Premio Pulitzer)

Obras históricas[editar | editar a fonte]

  • History of the United States(1801 to 1817), 9 volumes entre 1889 e 1891.
  • Life of Albert Gallatin, 1879
  • John Randolph, 1882
  • Historical Essays, 1891
  • The Writings of Albert Gallatin (editor), 3 volumes, 1879
  • Essays in Anglo-Saxon Law, 1876

Véxase tamén[editar | editar a fonte]