Hedy Lamarr
Hedy Lamarr | |
---|---|
![]() Lamarr en 1948 | |
Nome completo | Hedwig Eva Maria Kiesler |
Nacemento | 9 de novembro de 1914 |
Lugar | Viena |
Falecemento | 19 de xaneiro de 2000 |
Lugar | Casselberry, Florida |
Causa | doenza cardiovascular |
Soterrado | Cemiterio central de Viena |
Nacionalidade | ![]() ![]() |
Etnia | Pobo xudeu |
Pai | Emil Kiesler |
Nai | Gertrud Kiesler |
Cónxuxe(s) | Fritz Mandl (1933–1937) Gene Markey (1939–1941) John Loder (1943–1947) Teddy Stauffer (1951–1952) W. Howard Lee (1953–1960) Lewis J. Boies (1963–1965) |
Fillos | James Loder, Anthony Loder e Denise Loder-DeLuca |
Profesión | Actriz |
Na rede | |
https://hedylamarr.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hedwig Eva Maria Kiesler, nada en Viena o 9 de novembro de 1914 e finada en Casselberry (Florida) o 19 de xaneiro de 2000, foi unha actriz e inventora austríaca.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Viena en 1914, filla dunha pianista e un banqueiro xudeu. Cando tiña dezaoito anos protagonizou o filme Ekstase, de Gustav Machatý no que interpretaba unha esposa nova cun home vello e indiferente. O filme foi famoso por unha escena na que Lamarr nada e corre espida polo bosque. O primeiro marido de Lamarr, Friedrich Mandl, o terceiro home máis rico de Austria tratou de comprar todas as copias do filme que puido. Aínda que era medio xudeu Mandl vendeu municións a Italia e Alemaña e na súa autobiografía, Lamarr indica que Adolf Hitler e Benito Mussolini acudiron a festas na casa de Mandl.
Finalmente Lamarr non soportou o control á que a sometía o seu marido e decidiu separarse. Disfrazouse ela e a súa asistenta (se ben, ela mesma dixo que algunha anécdota da súa autobiografía fora inventada por un “negro”) e voaron a París. Pouco despois en Londres coñeceu a Louis B. Mayer, que a contratou e lle deu o seu nome artístico.
En Hollywood interpretou personaxes arquetípicas e glamurosas, mulleres sedutoras de orixe exótica, como o de Dalila en Samson and Delilah. A partir de 1950 a súa carreira declinou e apareceu só esporadicamente en filmes.
O compositor George Antheil era veciño de Lamarr en California e experimentara con instrumentos musicais de control automático. Durante a segunda guerra mundial Lamarr e Antheil falaban da posibilidade de crear torpedos controlados por radio. Lamarr aprendera sobre armamento asistindo a conferencias co seu primeiro marido. Ambos os dous desenvolveron a idea de usar unha especie de piano que empregaba unha temperá versión do salto en frecuencia. Porén, a mariña estadounidense non adoptou o sistema e a idea non foi posta en práctica ata a crise dos mísiles de Cuba en 1962, cando a patente xa expirara. Lamarr intentou entrar no National Inventors Council, pero membros como Charles F. Kettering indicaron que axudaría máis se empregaba a súa sona para a promoción de bonos de guerra.
As ideas de Lamarr e Antheil serviron de base para os modernos sistemas de comunicación, como o Bluetooth, o COFDM e o CDMA e na actualidade celébrase o Día do Inventor coincidindo co nacemento de Lamarr.
Tras anos de reclusión na súa casa, finou no ano 2000. O seu fillo Anthony Loder esparexeu as súas cinzas nos bosques de Viena, de acordo co desexo da súa nai.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Filme |
---|---|
1930 | Geld auf der Straße |
1931 | Sturm im Wasserglas |
1931 | Die Koffer des Herrn O.F. |
1932 | Man braucht kein Geld |
1933 | Ekstase |
1938 | Algiers |
1939 | Lady of the Tropics |
1940 | I Take This Woman |
1940 | Boom Town |
1940 | Comrade X |
1941 | Come Live with Me |
1941 | Ziegfeld Girl |
1941 | H.M. Pulham, Esq. |
1942 | Tortilla Flat |
1942 | Crossroads |
1942 | White Cargo |
1944 | The Heavenly Body |
1944 | The Conspirators |
1944 | Noite na alma |
1945 | Her Highness and the Bellboy |
1946 | The Strange Woman |
1947 | Dishonored Lady |
1948 | Let's Live a Little |
1949 | Samson and Delilah |
1950 | A Lady Without Passport |
1950 | Copper Canyon |
1951 | My Favorite Spy |
1953 | The Lovers of Paris |
1957 | The Story of Mankind |
1958 | The Female Animal |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hedy Lamarr ![]() |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Hedy Lamarr |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- De Marchi, Vichi (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2
- Barton, Ruth (2010). University of Kentucky Press, ed. Hedy Lamarr: The Most Beautiful Woman in Film. Lexington. ISBN 978-0813136547.
- Lamarr, Hedy (1966). Bartholomew House, ed. Ecstasy and Me: My Life as a Woman. Nova York. ASIN B0007DMMN8.
- Rhodes, Richard (2012). Doubleday, ed. Hedy's Folly: The Life and Breakthrough Inventions of Hedy Lamarr. Nova York. ISBN 978-0307742957.
- Shearer, Stephen Michael (2010). St. Martin's Press, ed. Beautiful: The Life of Hedy Lamarr. Nova York. ISBN 0312550987.
- Young, Christopher (1979). Citadel Press, ed. The Films of Hedy Lamarr. Nova York. ISBN 978-0806505794.