He Qifang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHe Qifang

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Chongqing, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xullo de 1977 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Beijing Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , ensaísta Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata

He Qifang (chinés simplificado: 何其芳; pinyin: Hé Qífāng), nado o 5 de febreiro de 1912 en Wanzhou, Sichuan, e finado o 24 de xullo de 1977, foi un escritor chinés.[1][2] Pertenceu ao círculo literario coñecido como a Escola de Beijing. Próximo a Zhou Yang, foi represaliado ao comezo da Revolución Cultural.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

He Qifang no ano 1962
He Qifang no ano 1962

He Qifang naceu nunha rica familia de terratenentes. O seu pai era un home esixente e violento, polo que o autor procuraba un refuxio na súa nai.[3] Durante a súa adolescencia, recibiu unha educación tradicional.[3] Entre 1931 e 1935 estudou Filosofía na Universidade de Beijing.[1][2] Durante esta etapa, coñeceu a obra dos poetas simbolistas franceses, aos que admiraba xunto cos poetas clásicos chineses.[3] Tras graduarse, desempeñou postos de profesor de instituto en Tianjin e Shandong.[1][2] Na década dos 40, fíxose militante do Partido Comunista da China, e uniuse a Mao Zedong en Yan'an durante o Movemento de Rectificación dos Estilos.[4] Con todo, mantivo sempre unha postura esteticista.[3] Destacou por unha poesía sui generis, afastada das tendencias realistas e socialistas da época. Os seus libros, como Huamenglu 画梦录 ("Pintando soños", 1947) ou Huanxiang zaji 还乡杂记 ("Misceláneas sobre o retorno ao fogar", 1949), destacan por unha linguaxe simple e un estilo introspectivo e melancólico.[3][4]

Tras a Guerra Civil Chinesa, He Qifang trasladouse a Chongqing, onde traballaría como editor do xornal Xinhua ribao 新华日报.[1] Participou en varios debates ideolóxicos a través dos seus ensaios.[1] Fíxose tamén membro da Asociación de Escritores da China, e chegou a ser director do Centro de Investigacións Literarias da Academia das Ciencias.[1] Foi editor da revista Wenxue pinglun 文学评论 ("Crítica literaria").[1]

Dende Yan'an, estivo próximo ao seu compañeiro de traballo Zhou Yang. Durante a Revolución Cultural, ambos foron atacados e destituidos dos seus postos. Porén, He Qifang será rehabilitado tras o pasamento de Mao e a detención da Banda dos Catro.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Fabre, Guilhem (2016-10-26). "HE Qifang 何其芳" (en francés). Paris: Maitron/Editions de l'Atelier. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "He, Qifang (1912-1977) 何, 其芳 (1912-1977)". IdRef. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Tao, Hanwei (2009). Symbolisme et surréalisme français comme défi aux lettres chinoises: Le cas de Shanghai et de Taïwan (en francés). Universidade da Sorbona. 
  4. 4,0 4,1 Abrahamsen, Eric. "He Qifang". Paper Republic (en inglés). Consultado o 2023-12-06.