Escola de Beijing
A Galipedia ten un portal sobre: China |
A Escola de Beijing (chinés tradicional e simplificado: 京派; pinyin: Jīngpài; Wade-Giles: Ching1-p'ai4) foi unha corrente literaria da República da China (1912-1949), conformada por escritores como Fei Ming (1901-1967), Sheng Congwen (1902-1988), Li Jianwu (1906-1982) ou Zhu Guangqian (1897-1986).[1] Recibe o seu nome porque estes autores vivían principalmente en Beijing e Tianjin.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A Escola de Beijing estableceuse como concepto en contraposición a unha suposta Escola de Shanghai, formada por escritores de moi diverso signo, que contemplaban a vida dende un punto de vista urbano e cosmopolita. A novelista máis coñecida da Escola de Shanghai foi Eileen Chang (1920-1995).[3]
Pola contra, a Escola de Beijing posuía unha concepción máis tradicional, vencellada ao rural. Neste sentido, valoraban a literatura pola literatura, opoñéndose tanto á comercialización como á politización das artes.[3]
Estilo
[editar | editar a fonte]As obras da Escola de Beijing destacan por reflectir a vida humana, especialmente a do campo, evitando tratar temas políticos. Enfatizan un concepto de "literatura pura", que debe ser harmoniosa e apropiada, tomando elementos tanto do romanticismo como do realismo. O seu estilo é simple e natural, cunha linguaxe concisa, clara e viva. Describen a beleza das emocións e da natureza humana, integrando a cultura local.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Song, Weijie (2017-12-21). Mapping Modern Beijing (en inglés) 1. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-020067-1. doi:10.1093/oso/9780190200671.001.0001.
- ↑ 2,0 2,1 Huang, Jian (2001). 《京派文学批评研究》 (Tese de doutoramento) (en chinés). Universidade Normal de Beijing.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Yao, Dan (2015). "'Beijing School' and 'Shanghai School' in Chinese Literature - Yao Dan - Youlin Magazine". www.youlinmagazine.com (en inglés). Consultado o 2024-03-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Shen Congwen (La literatura china traducida en España)