Halmahera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Halmahera
Gilolo
Maluku Islands en.png
Localización da illa Halmahera ao norte das illas Molucas
Halmahera Topography.png
Situación
País Flag of Indonesia.svg Indonesia
Provincia Molucas Setentrionais
Arquipélago Illas Molucas
Mar Mar das Molucas, Océano Pacífico
Coordenadas 0°36′N 127°52′L / 0.600, -127.867
Xeografía
Xeoloxía Illa continental
Superficie 17.780 km²
Longura máxima 366 km.
Largura máxima 159 km.
Punto máis alto 1.635 m. Monte Gamkonora
Demografía
Capital Tobelo
Poboación 449.938 hab. (2010)
Densidade 25´3 hab./km²

Halmahera ou Gilolo é a maior illa do arquipélago das Molucas. É parte da provincia indonesia de Molucas do Norte.

A superficie de Halmahera é de 17.780 km². A poboación en 1995 era de 162.728 habitantes. O 60% da poboación é musulmá, e o restante 40% cristiá.

Historia[editar | editar a fonte]

Un nativo da illa de Halmahera.

A historia de Halmahera está enlazada á historia das próximas illas de Ternate e Tidore, ambas moito máis pequenas e situadas na súa costa occidental. Estas illas foron a base dos reinos máis importantes na época de antes de que a Compañía Holandesa das Indias Orientais colonizara todo o arquipélago.

Durante a Segunda Guerra Mundial, houbo unha base militar xaponesa en Kao Bay.

Entre 1999 e 2000 Halmahera foi o lugar de actos de violencia entre cristiáns e musulmáns, que comezaron como unha disputa puramente étnica entre os residentes de Kao, principalmente cristiáns e Malifut, totalmente musulmá, que logo adquiriu un carácter relixioso, segundo estendíase por gran parte das Molucas do Norte. Miles de persoas de Halmahera morreron nos combates entre as milicias relixiosas, incluíndo grupos como Laskar Jihad e a FPI Fronte Defensores Islámicos que chegaron de Xava en grandes cantidades. En xuño de 2000, ao redor de cincocentas persoas morreron cando un ferry cos refuxiados da loita en Halmahera afundiuse fronte á punta nordés das illas Célebes. Abundan teorías de conspiración sobre este suceso. Un monumento de esta traxedia pódese atopar na aldea de Duma no norte do distrito de Halmahera.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]