Kao
Kao | |
---|---|
![]() Kao (illa pequena), Tofua (illa grande) | |
![]() Kao, localización | |
Situación | |
País | Tonga |
Arquipélago | Ha'apai |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 19°40′12″S 175°01′48″O / -19.67000, -175.03000Coordenadas: 19°40′12″S 175°01′48″O / -19.67000, -175.03000 |
Xeografía | |
Superficie | 11´6 km² |
Punto máis alto | 1.030 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Kao (antigamente transcrito como Oghao) é unha illa formada por un volcán que se atopa ao oeste do grupo Ha'apai, no reino de Tonga, a 5 km ao nordés de Tofua e a 160 km ao norte de Tongatapu.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A illa ten unha forma cónica simétrica que se eleva desde o mar nun ángulo constante de 35º ata a cima de 1.030 metros de altitude. É o punto máis alto de Tonga. No pequeno cráter hai un lago de auga fresca. A superficie total é de 11´6 km².
Non se teñen rexistros históricos de erupcións, pero se atopa nunha zona de alta actividade volcánica. Non se ven fluxos de lava frescos, pero a falta de profundidade na erosión dos barrancos e dos acantilados suxire unha orixe moi recente. Foi descuberta en 1774, polo capitán James Cook.
A illa está densamente cuberta pola selva nos seus flancos máis baixos, mentres que nas ladeiras superiores está case espida.
A tradición oral de Kao e Tofua[editar | editar a fonte]
EW Gifford, rexistrou os mitos e os contos de Tonga na década de 1920, documentado esta explicación da caldeira de Tofua e a creación da illa de Kao ao norte:
"Tres deidades de Samoa, Tuvuvata, Sisi e Faingaa, conspiraron para roubar Tofua. Unha noite foron e romperon a montaña polas súas raíces e o seu lugar foi ocupado por un gran lago. Isto enfureceu moito aos deuses Tonganos e un deles, Tafakula, tratou de deter aos ladróns. Púxose de pé na illa de Luahako e inclinouse co fin de mostrar o seu ano. Resplandecía tan brillantemente que as deidades de Samoa asustáronse, pensando que o sol estaba saíndo e que o seu vil traballo estaba a piques de ser descuberto. Polo tanto, deixaron caer a montaña e fuxiron a Samoa. A montaña converteuse na illa de Kao".[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ E. W. Gifford, Tongan myths and tales, Honolulu: Bernice P. Bishop Museum Bulletin, No. 8