HTTP 404

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mensaxe de erro 404 nun Firefox 3 en versión inglesa

O 404 é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. A liña de texto asociada con este erro é "Non atopado". Os erros 404 non se deben confundir con erros de DNS, que aparecen cando a URL apunta cara a un servidor web que non existe.