Ethernet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A ethernet ou estándar IEEE 802.3 determina a forma de envío e recepción nun medio físico compartido que se comporta como bus lóxico, independentemente da súa configuración física. Orixinalmente foi deseñada para enviar datos a 10Mbps, aínda que posteriormente foi mellorada para que funcionase a 100Mbps, 1Gbps ou 10Gbps e xa se está traballando en futuras versións a 40Gbps e a 100Gbps.

Nas versión de 10Mbps a 1Gbps utiliza o protocolo de aceso ao medio CSMA/CD (acceso múltiple con detección portadora e detección de colisións). Actualmente Ethernet é a estándar máis utilizada nas rede locais ou LAN.

As redes Ethernet son de carácter non determinista, na que os host poden transmitir en calquera momento. Antes de envialos escoitan o medio de transmisión para determinar se se atopa en uso. Se o está, entón esperan. No caso contrario, os host comezan a transmitir. No caso de que dous o máis hosts comecen a transmitir tramas á vez produciranse encontronazos ou choques entre tramas diferentes que queiran pasar polo mesmo sitio á vez. Este fenómeno denomínase colisión e á porción dos medios de rede onde se producen denomínase dominio de colisión.

  • Tecnoloxías Ethernet máis comúns e máis importantes:
  • Ethernet 10Base2.
  • Ethernet 10Base5.
  • Ethernet 10Base-T.
  • Ethernet 10Base-FX.
  • Fast Ethernet.

Formato de trama Ethernet[editar | editar a fonte]

Trama Ethernet
Cabeceira
Ethernet
Cabeceira IP
(20 bytes)
Cabeceira TCP
(20 bytes)
Datos Checksum
Ethernet
  • Preámbulo:
Patrón de uns (1) e ceros (0) que indica as estacións receptoras que unha trama é Ethernet
IEEE 802.3
  • Inicio de trama:
Byte delimitador que serve pra sincronizar as porcións de recepción de trama de todas as estacións da rede. Este campo especifícase explicitamente en Ethernet.
  • Enderezos destino e orixe:
Inclúe os enderezos físicos (MAC) únicas da máquina que envía a trama e da máquina destino. O enderezo orixe sempre é un enderezo único, mentres que o de destino pode ser de broadcast único (trama enviada a unha única máquina), de broadcast múltiple (trama enviada a un grupo) ou de broadcast (trama enviada a todos os nodos).
  • Tipo:
Especifica o protocolo de capa superior que recibe os datos que segue ese campo.
  • Datos:
Inclúe os datos enviados na trama.
  • Secuencia de verificación de trama:
Contén un valor de verificación CRC (Control de Redundancia Cíclica) de 4 bytes, creado polo dispositivo emisor e recalculado polo dispositivo receptor para verificar a existencia de tramas danadas.
Campos da trama Ethernet
Preámbulo Inicio de
delimitador de
trama
Enderezo
destino
Enderezo
orixe
Tipo Datos Secuencia de verificación
de trama
 ? 1 byte 6 bytes 6 bytes 2 bytes 46-1500 bytes 4 bytes

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.