Telnet
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
TELNET (Telecommunication Network) é un protocolo de rede usado en Internet ou en conexións de redes de área local LAN . O documento STD 8 do IETF (vexa RFC 854 e RFC 855) establece: "o propósito do protocolo TELNET é prover dunha comunicación binaria de propósito xeral, bidireccional, de 8 bits".
Telnet é tamén o nome do programa informático que utiliza o usuario do protocolo de rede Telnet.
Telnet serve para acceder mediante unha rede a outra máquina, para manexala como se estivésemos sentados diante dela. Para que a conexión funcione, como en todos os servizos de internet, a máquina á que se accede debe ter un programa especial que reciba e xestione as conexións. O porto que se utiliza xeralmente é o 23[1].
Só serve para acceder en modo terminal, é dicir, sen gráficos, mais foi unha ferramenta moi útil para depurar e arranxar erros a distancia, sen necesidade de estar fisicamente no mesmo sitio que a máquina que os tiña. Tamén se usaba para consultar datos a distancia, como datos persoais en máquinas accesíbeis por rede, información bibliográfica etc.
O seu maior problema é de seguridade, xa que todos os nomes de usuario e contrasinais necesarios para entrar nas máquinas viaxan pola rede como texto plano (cadeas de texto sen cifrar). Isto facilita que calquera que espíe o tráfico da rede poida obter os nomes de usuario e contrasinais, e así acceder el tamén a todas esas máquinas. Por esta razón deixou de usarse, case totalmente, hai uns anos, cando apareceu e se popularizou o SSH, que se pode describir como unha versión cifrada de telnet.
Hoxe en día este protocolo tamén se usa para acceder aos BBS, que inicialmente eran accesíbeis unicamente cun módem a través da liña telefónica. Para acceder a un BBS mediante telnet é necesario un cliente de que soporte gráficos ANSI e protocolos de transferencia de ficheiros. Os gráficos ANSI son moi usados entre os BBS. Cos protocolos de transferencia de ficheiros (o máis común e o que mellor funciona é o ZModem) poderás enviar e recibir ficheiros do BBS, xa sexan programas ou xogos ou xa sexa o correo do BBS (correo local, de FidoNet ou outras redes).
Algúns clientes de telnet (que soportan gráficos ANSI e protocolos de transferencias de ficheiros como Zmodem e outros) son mTelnet!, NetRunner, Putty, Zoc, ...
Manexo básico de telnet
[editar | editar a fonte]Para iniciar unha sesión cun intérprete de comandos doutro computador, pode empregar o comando telnet seguido do nome da máquina na que desexa traballar, por exemplo se desexa conectarse á máquina purpura.micolegio.edu.co:
telnet purpura.micolegio.edu.co
Se só pos iso, conectarase polo porto predeterminado do programa, que é 23. Se queres que se conecte por outro porto debes poñer:
telnet purpura.micolegio.edu.co 77
Tamén podes primeiro abrir unha ventá de telnet poñendo:
telnet
E logo conectarte poñendo:
o purpura.micolegio.edu.co
Unha vez conectado poderá ingresar o nome de usuario e contrasinal remoto para iniciar unha sesión en xeito texto a xeito de consola virtual (ver Lectura Sistema de usuarios e manexo de clave). A información que transmita (incluíndo o seu clave) non será protexida ou encriptada e podería ser vista noutros computadores polos que se transite a información (a captura destes datos realízase con sniffers).
Unha alternativa máis segura para telnet, mais que require máis recursos do computador é ssh que encripta a información antes de transmitila, que autentica a máquina á cal conectase e que pode empregar mecanismos de autenticación de usuarios máis seguros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.
Fonte
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |