BitTorrent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

BitTorrent é un protocolo de distribución de arquivos e ficheiros por Internet entre parceiros[1] (peer to peer ou P2P). Bram Cohen, antigo estudante da Universidade de Buffalo[2], deseñou o protocolo en abril de 2001 e publicouno o 2 de xullo dese ano[3], facéndose coñecida na CodeCon de 2002 en San Francisco[4]. A versión máis recente é de 2013[5]. A primeira ferramenta que implementou tal protocolo foi escrita en Python e está publicada baixo a licenza MIT. As aplicacións populares de BitTorrent de arestora inclúen a Transmission e Deluge.

Historia[editar | editar a fonte]

The Pirate Bay, un dos buscadores torrent máis empregados.

BitTorrent gañou a súa fama ao permitir que moita xente descargase os mesmos arquivos sen ver diminuída a velocidade de transferencia. Isto conséguese grazas a que todos os parceiros, ou usuarios que descargan arquivos ou ficheiros, comparten as partes que xa teñen dos arquivos cos demais parceiros. Cada parceiro forma parte dun enxame e contribúe á distribución do contido.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

As aplicacións libres máis empregadas son[6]:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo a RAG, persoa que ten unha en propiedade común con outras persoas, e que empregan e comparten por igual.
  2. "UB Engineering Tweeter". University at Buffalo's School of Engineering and Applied Sciences. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. 
  3. Cohen, Bram (2 de xullo de 2001). "BitTorrent – a new P2P app". Yahoo eGroups. Arquivado dende o orixinal o 2 July 2011. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  4. Sammes, A. J. (2009). From P2P and Grids to Services on the Web. Computer Communications and Networks. Ian J. Taylor, Andrew B. Harrison (eds.). London: Springer London. ISBN 978-1-84800-122-0. Consultado o 2016-12-29. 
  5. Cohen, Bram (Outubro de 2002). "BitTorrent Protocol 1.0". BitTorrent.org. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de abril de 2013. 
  6. www.techradar.com (17 de decembro de 2016). "The best free torrent client 2016". Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  7. "Deluge Torrent". deluge-torrent.org. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  8. "KTorrent". www.kde.org/applications/internet/ktorrent/. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  9. "qBittorrent". qbittorrent.org. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  10. "Transmission". transmissionbt.com. Consultado o 29 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.