Modelo OSI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capas OSI
7
Aplicación
6
Presentación
5
Sesión
4
Transporte
3
Rede
2
Ligazón de Datos
1
Soporte Físico

OSI (Open Systems Interconnection), ou Interconexión de Sistemas Abertos, é un conxunto de estándares ISO (segundo a ISO/IEC 7498-1) relativo á comunicación de datos. Un sistema aberto é un sistema que non depende dunha arquitectura específica propietaria. Este estándar tamén é coñecido por Capas OSI.


Propósito[editar | editar a fonte]

Para facilitar o proceso de estandarización e obter interconectividade entre máquinas de diferentes fabricantes ou marcas, a Organización Internacional para a Estandarización aprobou, no inicio dos anos 80, un modelo de referencia para permitir a comunicación entre máquinas heteroxéneas, denominado OSI (Open Systems Interconnection). Ese modelo serve de base para calquera tipo de rede, sexa de curta, media ou longa distancia.

Descrición das capas[editar | editar a fonte]

Capa física[editar | editar a fonte]

Esta capa está directamente ligada ao equipo físico de cable ou outro canle de comunicación. É a que comunica directamente co controlador do interface de rede. Ocúpase, polo tanto, de permitir unha comunicación bastante simple e fiable, na maioría dos casos cun control de erros básico:

  • Move bits a través dun medio físico.
  • Define as características eléctricas e mecánicas do medio, taxa de transferencia dos bits, voltaxe, etc...
  • Control de aceso ao medio.
  • Control lóxico de enlace.
  • Confirmación e retransmisión de tramas.
  • Control da cantidade e velocidade de transmisión das informacións pola rede.

Capa de ligazón de datos[editar | editar a fonte]

Esta capa tamén se designa por Capa de enlace. Provee un enlace confiábel entre dous nodos directamente conectados, detectando e correxindo, na medida do posíbel, os erros que se puideran producir na capa física, esstablecendo un protocolo de comunicación entre sistemas conectados directamente. O enderezo é físico, embutido na interface de rede.

Capa de rede[editar | editar a fonte]

A capa de Rede é responsábel do enderezo dos paquetes, convertendo enderezos lóxicos en enderezos físicos, de forma que os paquetes consigan chegar correctamente ao destino. Esta capa tamén determina a ruta que os paquetes seguirán para acadar o destino, baseada en factores como condicións do tráfico da rede e prioridades. Esa capa é usada cando a rede posúe máis dun segmento e, con iso, hai máis dun camiño para un paquete de datos para o tráfico da orixe ao destino. Enrutamento, encamiñamento, enderezo, interconexión de redes, tratamento de erros, control de conxestións e secuenciamento (orde en secuencia) dos paquetes son funcións desta capa.

  • Move paquetes a partir da súa fonte orixinal ata o seu destino a través dun ou máis enlaces.
  • Define como os dispositivos de rede descobren uns aos outros e como os paquetes son enrutados ata o seu destino final.

Capa de transporte[editar | editar a fonte]

A capa de Transporte é responsable de pegar os dados enviados pola capa de Sesión e dividilos en paquetes que serán transmitidos pola rede, é dicir, repasados pola capa de Rede. No receptor, a capa de Transporte é responsable por pegar os paquetes recibidos da capa de Rede e remontar o dado orixinal para envialo á capa de Sesión.

Iso inclúe control de fluxo (colocar os paquetes recibidos en orde, en caso de que chegaran fora de orde) e corrección de erros, tipicamente enviando para o transmisor unha confirmación de recibo (acknowledge), informando que o paquete foi recibido con éxito.

A capa de Transporte separa as capas de nivel de aplicación (capas 5 a 7) das capas inferiores (capas de 1 a 3). As capas de 1 a 3 están preocupadas coa maneira con que os datos serán transmitidos pola rede. Xa as capas de 5 a 7 están preocupados cos datos contidos nos paquetes de datos, para seren enviados ou recibidos pola aplicación responsable dos datos. A capa 4, Transporte, fai a ligazón entre eses dous grupos.

  • Determina a clase de servizo necesaria como: Orientada a conexión e con control de erro e servizo de confirmación, sen conexións e sen confiabilidade.

Capa de sesión[editar | editar a fonte]

A capa de Sesión permite que dúas aplicacións en computadores diferentes establezan unha sesión de comunicación. Nesta sesión, esas aplicacións definen como será feita a transmisión de datos e coloca marcacións nos datos que están sendo transmitidos. Se por ventura fallase a rede, os computadores reiniciarían a transmisión dos dados a partir da última marcación recibida polo computador receptor.

  • Pon a disposición servizos como puntos de control periódicos a partir dos cais a comunicación pode ser restablecida en caso de avaría na rede.

O obxectivo final da capa de transporte é proporcionar un servizo eficiente, confiable e de baixo custe os seus usuarios, normalmente entidades da capa de sesión. O hardware ou software dentro da capa de transporte fai que o servizo sexa denominado entidade de transporte.

A ISO define o protocolo de transporte para operar en dous (2) modos:

2.1. Orientado á conexión e 2.2. Non orientado á conexión. É obvio que o protocolo de transporte non orientado á conexión é menos fiábel. El non garante - entre outras cousas máis, a entrega das TPDU (Unidade de Datos do Protocolo de Transporte), nin tampouco a ordenación das mesmas. Mentres, onde o servizo da capa de rede e das outras capas inferiores é bastante fiable - como en redes locais, o protocolo de transporte non orientado á conexión pode ser utilizado, sen overhead inherente a unha operación orientada á conexión. Facendo un estudo, observase que o servizo de transporte baseado en conexións é semellante ao servizo de rede baseado en conexións. O enderezo e control de fluxo tamén son semellantes en ambas capas. Para completar, o servizo de transporte sen conexións tamén é moi semellante ao servizo de rede sen conexións. Cando a capa de rede non prové un servizo fiable, a capa de transporte asume as responsabilidades mellorando a calidade do servizo.

Capa de presentación[editar | editar a fonte]

Esta capa prové independencia das representacións de datos (por exemplo a criptografía) ao traducir os datos do formato da aplicación ao formato da rede e viceversa. A capa de presentación traballa transformando os datos nun formato que a capa de aplicación poida aceptar. Esta capa formatea e encripta os datos para seren transmitidos a través da rede, evitando problemas de compatibilidade. Ás veces é chamada de capa de Tradución

  • Define como enteiros mensaxes de texto e outros datos que se codifican e tramiten pola rede.
  • Permite que computadores con arquitectura de hardware e SOs diferentes troquen información.

Capa de aplicación[editar | editar a fonte]

A capa de aplicación fai o interface entre o protocolo de comunicación e o de aplicación que pediu, ou recibirá a información a través da rede. Por exemplo, ao solicitar a recepción de e-mails a través dunha aplicación de e-mail, esta entrará en contacto coa capa de Aplicación do protocolo de rede efectuando tal solicitude. Todo nesta capa está orientado ás aplicacións. Telnet e FTP son exemplos de aplicacións de rede que existen enteiramente na capa de aplicación.

Táboa de exemplos[editar | editar a fonte]

O protocolo OSI define unha serie de capas con funcións específicas.
Capa Exemplos suite TCP/IP S7 suite AppleTalk suite OSI suite IPX SNA UMTS
7 - Aplicación HL7, Modbus HTTP, SMTP, SNMP, FTP, Telnet, NFS, NTP ISUP, INAP, MAP, TUP, TCAP AFP, PAP FTAM, X.400, X.500, DAP   APPC  
6 - Presentación TDI, ACII, EBCDIC, MIDI, MPEG XDR, SL, TLS   AFP, PAP        
5 - Sesión Named Pipes, NetBIOS, SIP, SAP, SDP Establecimento da sesión TCP   ASP, ADSP, CIP   NWLink DLC?  
4 - Transporte NetBEUI TCP, UDP, RTP, SCTP   ATP, NBP, AEP, RTMP TP0, TP1, TP2, TP3, TP4 SPX, RIP    
3 - Rede NetBEUI, Q.931 IP, ICMP, IPsec, ARP, RIP, OSPF, BGP MTP-3, SCCP DDP X.25 (PLP), CLNP IPX   RRC (Radio Resource Control)
2 - Ligazón de Datos Ethernet, Token Ring, FDDI, PPP, HDLC, Q.921, Frame Relay, ATM, Fibre Channel   MTP-2 LocalTalk, TokenTalk, EtherTalk, Apple Remote Access, PPP X.25 (LAPB), Token Bus 802.3 framing, Ethernet II framing SDLC MAC (Media Access Control)
1 - Físico RS-232, V.35, V.34, Q.911, T1, E1, 10BASE-T,100BASE-TX , ISDN, SONET, DSL   MTP-1 Localtalk on shielded, Localtalk on unshielded (PhoneNet) X.25 (X.21bis, EIA/TIA-232, EIA/TIA-449, EIA-530, G.703)   Twinax PHY (Physical Layer)