Concello de Hörby
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Escania | ||||
| Capital | Hörby (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 15.559 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 433,07 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Sitio web | horby.se | ||||
Hörby é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania.[1] A súa capital é Hörby, que tamén é a área urbana máis grande do municipio. O concello limita cos municipios de Eslöv ao oeste, Höör ao noroeste, Hässleholm ao norte, Kristianstad ao leste, Tomelilla ao sueste e Sjöbo ao sur. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 15 562 habitantes.[2]
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Fulltofta, Hörby, Lyby, Långaröd, Svensköp, Södra Rörum, Västerstad, Äspinge, Östra Sallerup e Östraby. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Hörby estableceuse o 20 de decembro de 1894 e disolveuse en 1900 cando naceu o köping de Hörby como unha escisión do concello rural de Hörby.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse, a través de fusións de concellos rurais, os novos municipios rurais de Bjärsjölagård e Östra Frosta, así como unha extensión do concello rural de Långaröd. O köping permaneceu sen cambios.
En 1969 os concellos rurais de Östra Frosta e Långaröds incorporáronse ao köping de Hörby. O concello de Hörby fundouse coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do köping do mesmo nome. En 1974 uniuse unha parte do concello de Bjärsjölagård (Västerstad e Östraby).[3]
Dende o seu nacemento ata o 15 de abril de 2002 o concello pertenceu ao partido xudicial de Eslöv, e dende entón ao de Lund.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Hörby atópase no centro do condado de Escania e limita co concello de Eslöv ao oeste, co de Höör ao noroeste, co de Hässleholm ao norte, co de Kristianstad ao leste, co de Tomelilla ao sueste, e co de Sjöbo ao sur.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-11.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-08.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Eslövs tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 8 de outubro de 2022.
