Concello de Höör
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Escania ![]() | ||||
Capital | Höör (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.518 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 319,87 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | hoor.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Höör é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania.[1] A súa capital é Höör. En decembro de 2024 a poboación do concello era de 17 518 habitantes.[2]
O concello de Höör está incluído dende o ano 2005 na área metropolitana de Malmö (Stormalmö).
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Bosjökloster, Gudmuntorp, Hallaröd, Höör, Munkarp, Norra Rörum e Tjörnarp. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Höör estableceuse o 25 de outubro de 1901 e disolveuse en 1939 ao fundarse o köping de Höör como unha escisión do concello rural de Höör.
Coa reforma municipal de 1952 formáronse, a través de fusións de municipios, os concellos rurais de Norra Frosta, Sösdala e Snogeröds. O köping permaneceu sen cambios.
En 1969 incorporáronse no köping o concello rural de Norra Frosta, unha parte do de Sösdala (Tjörnarp) e partes do de Snogeröds (Bosjökloster e Gudmuntorp). O concello de Höörs naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do köping do mesmo nome.[3]
Dende a súa fundación ata o ano 2002 o concello pertenceu ao partido xudicial de Eslöv e dende entón ao de Lund.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Höör atópase no centro do condado de Escania e limita ao norte co municipio de Hässleholm, ao leste co de Hörby, ao suroeste co de Eslöv e ao noroeste co de Klippan. O lago Ringsjön separa a parte sur do muncicipio do resto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-11.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-08.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Eslövs tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 8 de outubro de 2022.