Saltar ao contido

Gösta Mittag-Leffler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGösta Mittag-Leffler

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sv) Magnus Gustaf (Gösta) Mittag-Leffler Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Magnus Gustaf Mittag-Leffler Editar o valor en Wikidata
16 de marzo de 1846 Editar o valor en Wikidata
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xullo de 1927 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Djursholm, Suecia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaDjursholms Begravningsplats (en) Traducir, 02 EKEN 90 (1927–) 59°24′26″N 18°02′11″L / 59.407124, 18.036502 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Tese académicaOm skiljandet af rötterna till en synektisk funktion af en variabel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1872 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseGöran Dillner (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, análise complexa, Xeometría analítica, function theory (en) Traducir e Teoría da probabilidade Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Djursholm
París
Uppsala
Estocolmo
Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, editor literario, científico, profesor universitario, emprendedor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Estocolmo Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosIvar Bendixson (pt) Traducir e Lars Edvard Phragmén (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoErik Ivar Fredholm, Axel Johannes Malmquist (en) Traducir, Helge von Koch (pt) Traducir, Emil Stenberg (en) Traducir e Hjalmar Mellin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSigne Mittag Leffler Editar o valor en Wikidata
PaisOlof Leffler Editar o valor en Wikidata  e Gustava Wilhelmina Mittag Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnne Charlotte Leffler
Frits Läffler
Artur Leffler Editar o valor en Wikidata
ParentesGaetano Del Pezzo, sobriño
Pasquale del Pezzo, cuñado Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Mittag-Leffler-1

Magnus Gustav (Gösta) Mittag-Leffler, nado o 16 de marzo de 1846 en Estocolmo e finado o 7 de xullo de 1927[1][2] en Djursholm (Estocolmo), foi un matemático sueco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mittag-Leffler naceu en Estocolmo. Era fillo dun director de escola e tamén deputada da cámara baixa sueca[3], John Olof Leffler, e de Gustava Wilhelmina Mittag, cuxo apelido engadiría ao apelido paterno. A súa irmá foi a escritora Anne Charlotte Leffler. Matriculouse na Universidade de Uppsala en 1865, e conseguiu o doutoramento en 1872 por un traballo sobre a teoría da función analítica[4] polo que comezou ese mesmo ano a docencia nesa mesma universidade. Tamén foi director da Stockholm Nation entre 1872 e 1873.

En 1873, con 27 anos, mudouse a París para seguir os cursos de Charles Hermite cuxa reputación como matemático era moi recoñecida, quen lle aconsellou que fora a Berlín aos cursos de Weierstrass. Con este último levou a cabo importantes traballos sobre a análise complexa e series de funcións. Continuou o traballo de Joseph Liouville, un teorema de descomposición de funcións meromorfas que leva o nome deste. Despois chegou estableceu o seu propio teorema sobre a representación de funcións uniformes mediante series polinómicas.

Posteriormente, conseguiu a cátedra de matemáticas na universidade Alexandre de Helsingfors, hoxe universidade de Helsinqui, que desempeñou entre 1877 e 1881. Marchou á universidade de Estocolmo, onde creou a cátedra de matemáticas en 1878 e conde foi reitor en dúas ocasións.[3]

Imaxe dun exemplar de 1886 da revista Acta Mathematica.

En 1882, creou a revista Acta Mathematica da que sería redactor xefe durante preto de 45 anos. Nela, contou co patrocinio do rei Óscar II de Suecia e tamén empregou parte da fortuna da súa esposa Signe Linfords, filla dunha rica familia finlandesa. Será a fonte de publicación de moitos dos grandes matemáticos da época, como o Cantor ou Sofía Kowalewska. Foi grazas a Mittag-Leffler e Weierstrass que Kowalewska puido ser coñecida e, en particular, obter unha cátedra de matemáticas -en 1883- na universidade de Estocolmo[2][5]. En xaneiro de 1889, participou como xurado no concurso de matemáticas internacional, organizado polo rei Óscar II.

Foi membro da Real Academia das Ciencias de Suecia dende 1883, da Sociedade Finlandesa das Ciencias e as Letras dende 1878, da Real Sociedade Sueca das Ciencias en Uppsala, da Real Sociedade Xeográfica Sueca en Lund dende 1906 e de aproximadamente 30 sociedades estranxeiras entre as que destacan a Royal Society de Londres (1896) e a Academia Francesa das Ciencias de París. Recibiu doutoramento honoris causa de varias universidades como a Universidade de Oxford, Boloña ou Cambridge entre outras[3].

Reuniu unha importante biblioteca de textos matemáticas na súa casa en Djursholm, nas aforas Estocolmo. Tanto a casa como a biblioteca foron doadas, en 1916, por Mittag-Leffler e a súa muller á Academia Sueca de Ciencias[1] para crear unha fundación para promover as matemáticas nos países escandinavos. Posteriormente, renomeouse como Instituto Matemático Mittag-Leffler.[2]

Durante moito tempo especulouse que Mittag-Leffler foi o causante da inexistencia do premio Nobel de matemáticas ao ter unha aventura amorosa coa muller de Alfred Nobel ou cunha italiana pola que competían os dous.[6] Hoxe en día, rexéitase esa a idea entre outras cousas polo feito de que Nobel non casou nunca[7] e atribúese quizais ao feito de que Nobel non consideraba que a ciencia teórica puidese mellorar o mundo como era a súa intención.

  1. 1,0 1,1 O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Biografía de Gösta_Mittag-Leffler". MacTutor History of Mathematics archive. Consultado o 30-07-2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Magnus Gösta Mittag-Leffler". Encyclopedia Brittanica. Consultado o 30-07-2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Mittag-Leffler, Magnus Gustaf (Gösta)". Encyclopedia.com. Consultado o 30-07-2017. 
  4. "Historia do Instituto Mittag-Leffler". Instituto Mittag-Leffler. Consultado o 30-07-2017. 
  5. "Gösta Mittag-Leffler, el hombre que no tenía miedo al genio femenino". Principia. Consultado o 30-07-2017. 
  6. Isaza, José Fernando (2-12-2009). "Medalla Fields". El espectador. Arquivado dende o orixinal o 31-07-2017. Consultado o 30-07-2017. 
  7. "El matemático feminista". XLSemanal. Consultado o 30-07-2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]