Guy Cuevas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuy Cuevas
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndisc-jóckey , actor , escritor , cantante Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0191201 Allocine: 457496 Allmovie: p16067
Musicbrainz: e410b6c2-b43c-4121-a4eb-5a03ac139a40 Discogs: 662922 Editar o valor em Wikidata

Juan Guillermo Cuevas Carrión, nado na Habana o 29 de agosto de 1945[1], coñecido polo nome artístico de Guy Cuevas, é un DJ profesional, actor e escritor cubano emigrado en Francia. Promotor da música disco nese país entre os anos 1970-1980, foi o DJ residente da sala Le Palace, na rúa du Faubourg-Montmartre de París, ata 1981.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na rúa Hornos, No. 12, no Centro da Habana, de nai ama de casa e pai mecánico, vivía nesa casa familiar con dúas irmás maiores, era veciño de Ana María Simo. Acudiu ao colexio da cidade Amigos de Don Bosco. Aos 15 anos publicou o libro de contos Ni un sí, ni un no na editorial El Puente, fundada polo poeta José Mario.

Emigrou de Cuba a Francia en 1964, aos 18 anos, tras solicitar o permiso de viaxe a Raúl Roa, Ernesto Che Guevara, Nicolás Guillén e Fidel Castro, denegado polos tres primeiros e aprobado polo último, onde lle concederon unha axuda para voar ata Praga. Chegou finalmente á capital francesa, onde o apoiaron nos primeiros meses o escritor Severo Sarduy e o cineasta Néstor Almendros.

Xa asentado comezou a frecuentar a sala Sherry Lane, no 8 da rúa Ciseaux, de Saint-Germain-des-Prés. Compartiu piso coas drag queen Marie-France e Valérie Frau. Ao pouco postulouse á bolsa Cintas, coa que foi agraciado en 1969 e 1970, cunha contía de 3000 dólares por cada unha.[2]

Influenciado pola cantante cubana de vangarda La Lupe e polo dj do Le Cherry Lane da rúa des Ciseaux onde escoitou Beach Boys, Julie Driscoll e cancións do soul americano comeza a interesarse pola carreira de DJ. Foi contratado primeiro para abrir as sesións do Le Nuage, un pequeno bar de Saint-Germain, a partir dese momento comeza a adquirir fama en París e traballa un estilo moderno de picadiscos escollendo as tendencias máis próximas á música electrónica nas súas sesións. Escollía discos dos O'Jays, Billy Paul, Teddy Pendergrass, Donna Summer, Village People, Bee Gees e Marvin Gaye, entre os que ligaba cancións tradicionais de salsa e música latina, ou recursos menos bailábeis ou máis vangardistas, como entrevistas a Marilyn Monroe, gravacións de paxaros, operetas cubanas como María la O de Lecuona, o son dos helicópteros de Apocalypse Now ou un concerto de Vivaldi. No ano 1971 é contratado como DJ residente de Le Sept, na rúa Sainte-Anne, unha discoteca gay que pronto se populariza. O seu momento de maior popularidade chega coa súa fichaxe no Palace, un antigo teatro da rúa Faubourg-Montmarte, en 1978 con sesións semanais continuas ata o ano 1981. Grava 3 singles nos oitenta ; Ebony Games, considerado un clásico da música Loft, Obsession, sinxelo moi referenciado do selo Compass Point Studios[3] polo seu "boogie mutante" e Gallo negro, último traballo inspirado na música electrónica uptempo do Hi-NRG pop de Liverpool.

Na súa faceta como actor traballou en varios filmes franceses e internacionais como Ne réveillez pas un flic qui dort; Nefertiti, figlia del sole; Paris minuit; A Xoia do Nilo (onde actuaba en inglés e facía de capitán pirata); Un été d'enfer; Frenético de Roman Polanski ou Under the cherry moon, Cómo ser infeliz y disfrutarlo de Enrique Urbizu , un musical de Prince, entre outras. A súa última participación no sétimo arte foi a película homónima sobre Yves Saint-Laurent, amigo persoal de Guy Cuevas, no 2014, e en Iris, en 2015, ambas do director Jalil Lespert.

Como residente do Le Palace adquire fama entre o mundo francés da moda e é fotografado con personalidades que acudían as súas sesións como Grace Jones, Georges Tarditi, Kenzō Takada, Chantal Thomas ou Armande Altaï. Nunha recente poxa de AuctionArt do fondo de armario de Cuevas en 2018 saíron pezas de roupa de Hermes, Gucci, Louis Vuitton, Pierre Cardin e Dior, moitas delas cedidas polos propios deseñadores a Cuevas como agasallo.

Como escritor pecha a súa etapa coa autobiografía de 2022 Avant que la nuit ne m’emporte ("Antes de que a noite me leve") en francés e nas edicións Cherche-Midi.

Guy Cuevas vive aínda en París, no distrito XVI. Sofre de cegueira pola doenza do glaucoma, operado en 1990 tras sentir molestias polas bombas de fume e o láser da discoteca, perde gradualmente a vista ata perdela completamente no ano 2000.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Ebony Game (7"), Gaumont musique, 1981
  • Obsession (12"), Island Records, 1982
  • Obsession (London Mix), Compass Point Studios, 1983
  • Gallo Negro (12"), Island Records, 1984
  • Funky Nassau, The Compass Point Story, recompilatorio 1980-1986 (CD)
  • Obsession (Nassau Mix), Strut, 2008
  • Acoustic Boogie EP (12", EP), Tracky Bottoms, remixes de Grace Jones, Guy Cuevas e Fleetwood Mac 2008

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]