Guido Álvarez Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuido Álvarez Parga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGuido Guía Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña
Jean Monnet University (en) Traducir
Universidade de Nápoles Frederico II
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Téramo
Universidade de Estugarda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguía de turismo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega, lingua castelá, lingua italiana, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webguidoguia.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: guidoguiaturismo Twitter: guido_guia Instagram: guido_guia Telegram: guidoguia LinkedIn: guidoalvarezparga Youtube: UCNUNVvJVnqoRSLpJCwWSJ9A TikTok: guido_guia Editar o valor em Wikidata

Guido Álvarez Parga, nado en Lugo o 16 de setembro de 1985, é un turismólogo, guía e docente universitario especializado en Planificación Turística e en Xestión de Paisaxes Culturais.[1] Colaborador asiduo en diversos medios de comunicación (principalmente prensa escrita e radio), é un dos fundadores do movemento social Coidemos Lugo.[2] Foi nomeado como un dos 10 Lucenses do Ano no ano 2020,[3] é asociado de honra da Asociación pola Defensa do Patrimonio Cultural Galego dende o 2021, recibiu o recoñecemento Travelers Choice da plataforma internacional TripAdvisor en 2022[4][5] e 2023[6], foi elixido "Petisqueiro do Ano 2022"[7] en Twitter e é recoñecido polas súas variadas propostas e iniciativas turísticas e culturais[8] en Galicia[9][10][11] e sobre todo na cidade e na provincia[12] de Lugo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio do Carme, fillo dun xornalista arxentino e dunha lucense profesora de Historia. Aos 18 anos mudouse á Coruña para cursar a carreira de Turismo. Continuou a súa formación con distintas bolsas de estudos (Erasmus, Leonardo, Maclands,[13] Erasmus Mundus) nas universidades de Téramo (Italia), Santiago de Compostela, Jean Monnet (Saint-Étienne, Francia), Federico II (Nápoles, Italia) e Stuttgart (Alemaña), que compatibiliza con diversas experiencias laborais entre as que destacan un período no museo Benjamin Franklin House de Londres (Reino Unido),[14] outro nunha consultora turística en Nantes (Francia) e varios anos como investigador e coordinador de dous observatorios turísticos no CETUR (Centro de Estudos e Investigacións Turísticas, en Santiago de Compostela). No 2015 regresa a Lugo, onde traballa durante varios anos en diversas axencias de viaxes, e no 2019 lanza o seu propio proxecto profesional: Guido Guía[15].

É o impulsor da campaña "Lugo Patrimonio Mundial"[16][17], coordinador de "Lugo Muralla Única"[18][19] e creador dos paseos "O Lugo menos coñecido"[20], un formato de itinerarios turísticos alternativos posteriormente estendido por el mesmo a outras cidades e localidades galegas[21][22][23]. En xeral é iniciador de variadas iniciativas culturais[24][25] e percorridos turísticos[26].

En agosto do 2020, foi un dos fundadores de Coidemos Lugo,[27] un amplo movemento social que promove a concienciación ambiental e o coidado do patrimonio. Un mes despois incorpórase á UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) como profesor-titor do Grao de Turismo. Varios meses máis tarde é nomeado como un dos 10 Lucenses do Ano 2020,[28][29] e tamén recoñecido pouco despois como asociado de honra da Asociación pola Defensa do Patrimonio Cultural Galego. No 2022 e 2023 recibiu o recoñecemento Travelers Choice da plataforma internacional TripAdvisor, e foi elixido "Petisqueiro do Ano 2022" en Twitter.

É o autor dunha guía de 21 rutas naturais a través do Concello de Lugo[30] e colaborador frecuente dos medios Galicia Confidencial, Lugo Xornal, Nós Diario, El Progreso de Lugo, La Voz de Galicia e Onda Cero.

Premio Lucenses do Ano 2020

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Guía de 21 rutas naturais do Concello de Lugo[36]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Telese, Vivi (2013-06-18). "Studenti del master Erasmus mundus MacLands in Valle telesina: il loro giudizio - ViviTelese.it" (en italiano). Consultado o 2022-06-14. 
  2. Diario, Nós. "Guido Álvarez: "Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade"". Nós Diario. Consultado o 2022-01-21. 
  3. Lugo, El Progreso de (2021-11-19). "Los galardonados, uno a uno". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-01-21. 
  4. Redacción (2022-06-14). "Guido Guía, Gran Hotel, Muralla e Catedral, premiados nos Travelers Choice 2022". Lugo Xornal. Consultado o 2022-06-14. 
  5. Lugo, El Progreso de (2022-06-23). "Esto es lo mejor de lo mejor de la provincia, según Tripadvisor". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-06-23. 
  6. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2023-06-20). "Guido Guía, la Muralla, la Catedral, el Gran Hotel y la Praza Maior de Lugo, premio Travelers Choice 2023 en TripAdvisor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-20. 
  7. Lugo, El Progreso de (2023-01-02). "Mira Lugo ▶ Juzgado, 'Petiscos da lingua' y Guardia Civil". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-01-02. 
  8. Redacción (2019-09-15). "#OLugoMenosCoñecido: Unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto". Lugo Xornal. Consultado o 2022-01-21. 
  9. "El guía turístico Guido Álvarez enseñará el Ferrol menos conocido a través de un paseo dirigido". Quincemil (en castelán). Consultado o 2022-08-27. 
  10. Tesouro, A. G. (2022-11-13). "Paseo por el Ourense desconocido". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-11-14. 
  11. Lugo, El Progreso de (2023-03-09). "Tras la Galicia que no sale en las postales". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-03-09. 
  12. Lugo, El Progreso de (2022-06-06). "El Ayuntamiento de Sarria estrena los paseos guiados con 28 participantes". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-06-06. 
  13. Redacción (12 de setembro de 2012). "Je vais profiter un maximum de la diversité culturelle". leprogres.fr (en francés). Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  14. Piñeiro, María (31 de marzo de 2019). "Imágenes que dan ansia viajera". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  15. Redacción (2019-08-31). "Unha visita guiada polo 'Lugo menos coñecido' esperta un grande interese no público". Lugo Xornal. Consultado o 2022-06-14. 
  16. Redacción (13 de febreiro de 2021). "#LugoPatrimonioMundial é "trending topic" en Europa". crtvg.es. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  17. Cobo, Héctor (18 de febreiro de 2019). "#LugoPatrimonioMundial, a iniciativa viral que xa apoian Odón Elorza ou Martín Barreiro". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  18. Lugo, El Progreso de (2022-11-03). "Unha muralla políglota". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-11-16. 
  19. "La Muralla de Lugo vista por italianos, bretones o brasileños". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-11-03. Consultado o 2022-11-16. 
  20. Redacción (2019-08-31). "Unha visita guiada polo 'Lugo menos coñecido' esperta un grande interese no público". Lugo Xornal. Consultado o 2022-01-21. 
  21. Diario, Nós (2022-08-20). "Expandir o turismo alternativo e en galego, o obxectivo do novo proxecto do guía Guido Álvarez". Nós Diario. Consultado o 2022-08-27. 
  22. Rebeca. "Éxito del paseo por los rincones de ‘Ferrol menos coñecido’". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2022-10-02. 
  23. "Un paseo para descubrir las curiosidades y los lugares menos conocidos de A Coruña". Quincemil (en castelán). Consultado o 2022-10-13. 
  24. Lugo, El Progreso de (2022-01-12). "Guido Guía e o arqueólogo Francisco Herves lanzan o proxecto #OLugoMáisArqueolóxico". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-01-21. 
  25. "Alta participación en "OLugoMáisArqueolóxico", rutas guiadas pola cidade". G24. Consultado o 2022-02-07. 
  26. "Lugo: unha guía, 21 rutas naturais únicas". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-13. Consultado o 2022-01-21. 
  27. "Nace en las redes un movimiento social para cuidar la imagen de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-08-13. Consultado o 2022-01-21. 
  28. L., R. (3 de maio de 2021). "Premio Lucenses de Honor al personal sanitario por su lucha contra el covid". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2021. 
  29. Teijeiro Aldariz, Aberto (11 de xullo de 2021). "Todos os meus proxectos persoais parten dende a base dos sentimentos". elprogreso.es. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  30. Lugo, El Progreso de (2021-05-12). "O Concello anuncia unha guía con 21 rutas naturais de Lugo". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-01-21. 
  31. L., R. (5 de maio de 2021). ""Un orgullo que non disimulamos"". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  32. Lugo, El Progreso de (2021-11-20). "A noite do orgullo lucense". El Progreso de Lugo. Consultado o 2021-11-21. 
  33. Lugo, El Progreso de (2021-11-19). "Guido Álvarez". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-11-21. 
  34. "Guido Guía, en galego, premio 'Travellers Choice' de TripAdvisor". Neofalantes. 2022-06-22. Consultado o 2022-06-23. 
  35. Lugo, El Progreso de (2022-06-10). "Mira Lugo ▶ Guido Guía, Luis López y Milagrosistas". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-06-23. 
  36. "Una guía con 21 rutas para descubrir el paisaje, la cultura y la historia de Lugo". Enfoques (en castelán). 2021-05-19. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]