Lola González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dores González Lorenzo»)
Infotaula de personaLola González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1942 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Celanova, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , mestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

María Dolores González Lorenzo, coñecida tamén como María Gándara e Lola Gándara, nada en Celanova en 1942, é unha profesora e escritora galega de literatura infantil e xuvenil, directora de teatro, guionista de programas infantís de televisión e mestra de educación secundaria e bacharelato coa especialidades de Lingua castelá e literatura.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de rematar a carreira de Dereito, comezou a dedicarse á docencia decidindo estudar Filoloxía Hispánica. Foi profesora de Lingua Castelá e Literatura en varios centros de ensino secundario en Galicia, especialmente en Vigo e a súa área metropolitana. Comezou a súa carreira literaria escribindo primeiro en galego ata que en 1994 comezou a escribir tamén en castelán e traducir as súas obras a este idioma.[2]

Durante varios anos dirixiu unha compañía de teatro infantil e participou en varios proxectos dramáticos cos que obtivo diversos premios. Tamén exerceu coma guionista para programas de televisión e participou en diversas iniciativas teatrais. Boa parte da súa obra foi traducida ao catalán e ao éuscaro.

Características temáticas e de estilo[editar | editar a fonte]

A súa narrativa para a xente nova caracterízase polo tema histórico,[3] especialmente situada na Antiga Roma (en Una aguja envenenada -durante o goberno de Tiberio-, A escura luz do Tíber -no reinado do emperador Nerón- e Guárdate de los Idus -nos últimos anos da República Romana), así como no século XVI inglés (en Los gavilanes rojos) e no século XVI español (en El robo de la perla). Todas elas son novelas que destacan a tensa atmosfera e o rigor histórico combinada con tramas que mestura a acción con ingredientes de suspense.[4]

Por outro lado, outras das súas obras destacan polo seu ton realista, como Brumas de octubre ou Alexandra. Ámbalas dúas teñen protagonistas mozos e retratan o ambiente escolar,[5] familiar e do grupo de iguais, que busca transmitir valores positivos nos lectores e lectoras adolescentes aos que vai dirixida esta novela.

Nun grupo moi desatacado da súa narrativa están os libros escritos en galego e dirixidos ao público máis infantil, que non foron traducidos ao español. Aí estarían Smerling: na tea de araña, Conxurados e Os mornias.

Apenas fixo unha incursión na narrativa para adultos coa novela histórica Magog (1997), ambientada no antigo Reino de Galicia, durante o século XII, e asinada co nome de María Gándara.

Obras[editar | editar a fonte]

En galego[editar | editar a fonte]

Literatura infantil e xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Os Mornias (1993). Xerais. 104 páxs. Ilustracións de Magdalena Padial. ISBN 978-84-9782-228-2. Como Lola González.
  • Conxurados (1993). SM, O Barco de Vapor. 125 páxs. ISBN 84-348-4676-4. Como Lola González.
  • Alexandra (1999). Rodeira. 168 páxs. Como Lola Gándara, Tradución de Lola González Lorenzo. En castelán, Alegandra, Edebé, 2005.
  • A escura luz do Tíber (2000). Edebé. 216 páxs. ISBN 978-8423675289. Como Lola Gándara.
  • Smerling: na tea da araña (2013). Rodeira. 200 páxs. ISBN 978-8483493649. Como Lola Gándara.

Narrativa para adultos[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1992: Premio Merlín de Literatura Infantil por Os Mornias.[6]
  • 1993: Accésit do Premio O barco de Vapor pola novela Conxurados.
  • 1993: Premio do Teatro Profesional Camiño de Santiago con Nocturno de dragón (en colaboración con Bruno Bernardo).
  • 1994: Premio do Teatro Profesional Camiño de Santiago con Ultreias
  • 1994: Premio Gran Angular pola novela Brumas de octubre.
  • 1997: Premio García Barrios pola novela Magog.[7]
  • 2000: Lista de honor del CCEI por Alexandra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 2020-07-24. 
  2. "Lola Gándara". Literatura Infantil y Juvenil SM. Consultado o 2020-07-24. 
  3. "Lola Gándara, la Historia en la Literatura Infantil y Juvenil > Poemas del Alma". www.poemas-del-alma.com. Consultado o 2019-11-03. 
  4. "Novela histórica del siglo XXI". Título del sitio (en castelán). 2017-01-04. Consultado o 2019-11-03. 
  5. "Educación integral hace jóvenes aptos para enfrentar el mundo actual". Entorno (Fundación Salvador del Mundo, Fusalmo) (55): 33–37. 2014-04-30. ISSN 2218-3345. doi:10.5377/entorno.v0i55.6283. 
  6. "1986, o nacemento, fomentar a creación literaria para público infantil"
  7. "Palmarés. Premio de Novela Manuel García Barros" (en castelán). Consultado o 2019-11-03.