Greg Egan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Greg Egan

Gregory Mark Egan
Datos persoais
Nacemento 20-8-1961
Lugar Perth
Falecemento
Lugar
Soterrado
Soterrada
Residencia
Nacionalidade Australiano
Cónxuxe
Fillos
Relixión
Actividade
Lingua
Lingua Inglés
Período 1983-presente
Debut
Movemento
Xéneros Ficción científica
Princ. obras
Influencias
Alma mater
Estudos
Ocupación
Profesión
Organización
Cargos
Premios Premio Hugo 1999
[[Ficheiro:|centro|]]
www.gregegan.net

Greg Egan, nado o 20 de agosto de 1961 en Perth, é un escritor australiano de ficción científica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Egan publicou o seu primeiro traballo en 1983. [1] Está especializado en historias de ciencia ficción dura con temas matemáticos e de ontoloxía cuántica, incluindo a natureza da consciencia. Outros temas son a xenética, a realidade simulada, o post-humanismo, a transferencia da mente, a sexualidade, a intelixencia artificial, e a superioridade do naturalismo racional sobre a relixión. É coñecido pola súa tendencia a tratar con materias técnicamente complexas, como conceptos innovadores en física ou o problema da epistemoloxía, dun xeito directo e desinhibido. É gañador dun premio Hugo (e finalista dos Hugo con outros oito traballos), e tamén gañou un premio John W. Campbell Memorial á mellor novela.[2] Os seus primeiros relatos contiñan profusión de elementos de terror.

Os relatos curtos de Egan teñen sido publicados en varias revistas do xénero, incluindo publicacións regulares en Interzone e en Asimov's Science Fiction.

Egan é licenciado en matemáticas pola Universidade de Australia Ocidental, e actualmente vive en Perth. Recentemente participou en campañas contra a práctica habitual, e sancionada pola lei, da detención automática dos solicitantes de asilo político nas aduanas de Australia.[3] Egan é vexetariano.[4]

Egan nunca asiste ás convencións de ficción científica,[5] non asina libros, e a súa imaxe non aparece na internet,[6] ainda que en páxinas web adicadas á ficción científica ou no buscador Google [7] se teñan publicado fotos de xente co mesmo nome etiquetadas erroneamente como fotos de Greg Egan.

Egan achega ocasionalmente mensaxes en varios grupos de Usenet, sobre todo científicos e técnicos, usando o seu propio nome. De decembro de 1994 a setembro de 1999 contribuíu regularmente no grupo rec.arts.sf.written, entrando en diálogo cos seus lectores acerca das súas obras e da ficción científica en xeral.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. «Bibliography». Gregegan.net. 7 August 2014. Consultado o 23 August 2014. 
  2. Modelo:Sfadb
  3. Egan, Greg (17 February 2005). «Letters from the forgotten - Opinion». www.theage.com.au. Consultado o 23 August 2014. 
  4. Egan, Greg (19 October 2008). «Iran Trip Diary: Part 2, Esfahan». Gregegan.net. Consultado o 23 August 2014. 
  5. Farr, Russell (September 1997). «Interviews». Gregegan.net. Consultado o 23 August 2014. 
  6. «Photos of Greg Egan, science fiction writer». Gregegan.net. Consultado o 23 August 2014. 
  7. Egan, Greg (24 August 2012). «Google, the Stupidity Amplifier». Gregegan.net. Consultado o 23 August 2014.