Gran Premio de Bélxica de 1986
Tipo | Gran Premio de Bélxica |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1986 |
Distancia do evento | 43 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 |
Lonxitude | 7,003 km |
País | Bélxica |
Data | 25 de maio de 1986 |
Competición | |
Primeiro posto | Nigel Mansell |
Pole position | Nelson Piquet |
Volta máis rápida | Alain Prost |
O Gran Premio de Bélxica de 1986 foi unha carreira de Fórmula 1 disputada no circuíto de Spa-Francorchamps o 25 de maio de 1986. Foi a quinta rolda da tempada de Fórmula Un de 1986. A carreira foi o 44º Gran Premio de Bélxica e o 32ª, que se celebrou en Spa-Francorchamps. A carreira disputouse sobre 43 voltas ao circuíto de 7´0 quilómetros cunha distancia total de carreira de 301 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto británico Nigel Mansell pilotando un Williams FW11. Foi a terceira vitoria nun Gran Premio de Mansell logo das súas dúas vitorias ao final da tempada anterior e a súa primeira en 1986. Mansell gañou por 19 segundos sobre o piloto brasileiro Ayrton Senna pilotando un Lotus 98T. Terceiro foi piloto sueco Stefan Johansson pilotando un Ferrari F1 / 86.
Cualificación
[editar | editar a fonte]Brabham presentou só un BT55, o coche da Riccardo Patrese. Elio de Angelis morrera nun accidente nas probas no Circuíto Paul Ricard unha semana antes da carreira. O piloto de Williams - Honda Nelson Piquet logrou a pole ao final da sesión de clasificación utilizando o coche de reposto do equipo. O motor de Piquet explotou durante a cualificación o que lle obrigou a usar o muleto.[1] O austríaco Gerhard Berger logrou saír por primeira vez na primeira fila tamén foi a primeira vez para o motor BMW de Benetton logo de ser o máis rápido na cualificación do venres. O seu tempo o venres foi de 1:54.468 medio segundo máis rápido que o seu tempo do sábado, pero o suficientemente bo para estar na primeira fila.[1] O Campión Mundial Alain Prost foi terceiro no seu McLaren-TAG co Lotus-Renault de Ayrton Senna completando a segunda fila. Nigel Mansell foi o quinto clasificado no seu Williams-Honda con Teo Fabi completando o top 6 no seu Benetton-BMW.
Carreira
[editar | editar a fonte]Piquet adiantouse na saída e lideraba a carreira na forquita La Source, pero detrás era un caos. Senna fixo unha boa saída desde a segunda fila e cando o coche de Berger trompeou Senna foise polo exterior e volveu con forza na curva a dereita. Ao facelo, encerrou a Berger quen á súa vez apurou a Prost evitando a Senna. Prost, volvía á pista cando o Benetton derrapou, golpeou a barreira interior danando o morro do seu coche quedando o alerón dianteiro dereito caído no chan. Logo pasou por encima da roda de Berger lanzando a parte traseira do seu McLaren polo aire. Outros pilotos víronse obrigados a tomar medidas para esquivalos, o compañeiro de equipo de Berger, Fabi tivo que parar para evitar golpear os coches dos seus compañeiros, mentres que o compañeiro de equipo de Prost Keke Rosberg tivo que facer un xiro completo de 180 graos para evitar os Benetton. Cabe destacar que o único coche que se retirou tralo accidente foi o Lola - Ford de Patrick Tambay, que intentou pasar polo interior do coche parado de Fabi, pero golpeou a parte traseira dereita coa súa roda dianteira esquerda e danou a suspensión dianteira esquerda. Malia todo Senna saíu ileso en segundo lugar seguido de Mansell e os dous Ferraris de Stefan Johansson e Michele Alboreto.
Tanto Berger como Prost entraron en boxes ao final da 1ª volta, Berger fixo unha longa parada para facer reparacións e Prost para cambiar o morro, asombrosamente a súa suspensión traseira sobreviviu intacta malia o seu voo na primeira curva. Mansell pasou a Senna na 2ª volta e foi á caza do seu compañeiro de equipo. Piquet liderou ata sufrir un fallo do turbo na volta 16 deixando a Mansell diante de Senna. Prost marchaba só uns poucos centos de metros por diante do líder de Williams. No seu camiño a ser o último coche na volta do líder e terminando en sexto lugar, estableceu unha nova marca de volta de 1:59.282 na volta 31.
Nigel Mansell logrou a súa primeira vitoria de 1986 e a terceira vitoria da súa carreira. Senna, a causa do accidente da primeira curva terminou 20 segundos por detrás, en segundo lugar con Stefan Johansson terceiro logo de pasar ao líder do equipo Alboreto só a dúas voltas da meta. Jacques Laffite terminou quinto no seu Ligier - Renault con Prost gañando un punto vital no Campionato Mundial ao terminar sexto. O piloto suízo Marc Surer terminou noveno no seu Arrows A8. Sería a última carreira nun Gran Premio de Surer, que resultou seriamente ferido probando un Ford RS200 de rally unha semana despois.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 1:54.637 | 1:54.331 | — |
2 | 20 | Gerhard Berger | Benetton-BMW | 1:54.468 | 1:54.939 | +0.137 |
3 | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 1:55.039 | 1:54.501 | +0.170 |
4 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 1:55.776 | 1:54.576 | +0.245 |
5 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:55.345 | 1:54.582 | +0.251 |
6 | 19 | Teo Fabi | Benetton-BMW | 1:57.440 | 1:54.765 | +0.434 |
7 | 25 | René Arnoux | Ligier-Renault | 1:57.269 | 1:55.576 | +1.245 |
8 | 2 | Keke Rosberg | McLaren-TAG | 1:56.534 | 1:55.662 | +1.331 |
9 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:56.294 | 1:56.242 | +1.911 |
10 | 16 | Patrick Tambay | Lola-Ford | 1:58.574 | 1:56.309 | +1.978 |
11 | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 1:57.697 | 1:56.496 | +2.165 |
12 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Renault | 1:57.797 | 1:56.537 | +2.206 |
13 | 11 | Johnny Dumfries | Lotus-Renault | 1:58.619 | 1:57.462 | +3.131 |
14 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 1:57.918 | 1:57.612 | +3.281 |
15 | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 2:00.357 | 1:57.612 | +3.281 |
16 | 15 | Alan Jones | Lola-Ford | 1:59.180 | 1:57.815 | +3.484 |
17 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Renault | 1:58.238 | 2:27.817 | +3.907 |
18 | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Renault | 1:59.347 | 1:58.603 | +4.272 |
19 | 23 | Andrea de Cesaris | Minardi-Motori Moderni | 2:00.984 | 1:59.960 | +5.629 |
20 | 14 | Jonathan Palmer | Zakspeed | 2:02.307 | 2:00.148 | +5.817 |
21 | 17 | Marc Surer | Arrows-BMW | 2:01.320 | 2:01.415 | +4.661 |
22 | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 2:01.528 | 2:01.354 | +7.023 |
23 | 29 | Huub Rothengatter | Zakspeed | 2:06.006 | 2:03.842 | +9.511 |
24 | 21 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 2:05.092 | 3:38.767 | +10.761 |
25 | 22 | Christian Danner | Osella-Alfa Romeo | 2:09.465 | 2:06.219 | +11.888 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 43 | 1:27:57.925 | 5 | 9 |
2 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 43 | + 19.827 | 4 | 6 |
3 | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 43 | + 23.592 | 11 | 4 |
4 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 43 | + 29.634 | 9 | 3 |
5 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Renault | 43 | + 1:10.690 | 17 | 2 |
6 | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 43 | + 2:17.772 | 3 | 1 |
7 | 19 | Teo Fabi | Benetton-BMW | 42 | + 1 volta | 6 | |
8 | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 42 | + 1 volta | 15 | |
9 | 17 | Marc Surer | Arrows-BMW | 41 | + 2 voltas | 21 | |
10 | 20 | Gerhard Berger | Benetton-BMW | 41 | + 2 voltas | 2 | |
11 | 15 | Alan Jones | Lola-Ford | 40 | Sen combustible | 16 | |
12 | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Renault | 40 | + 3 voltas | 18 | |
13 | 14 | Jonathan Palmer | Zakspeed | 37 | + 6 voltas | 20 | |
Ret | 23 | Andrea de Cesaris | Minardi-Motori Moderni | 35 | Sen combustible | 19 | |
Ret | 29 | Huub Rothengatter | Zakspeed | 25 | Eléctrico | 23 | |
Ret | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Renault | 25 | Gearbox | 12 | |
Ret | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 24 | Caixa de cambios | 22 | |
Ret | 25 | René Arnoux | Ligier-Renault | 23 | Motor | 7 | |
Ret | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 16 | Turbo | 1 | |
Ret | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 7 | Eléctrico | 14 | |
Ret | 11 | Johnny Dumfries | Lotus-Renault | 7 | Trompo | 13 | |
Ret | 2 | Keke Rosberg | McLaren-TAG | 6 | Motor | 8 | |
Ret | 21 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 3 | Motor | 24 | |
Ret | 22 | Christian Danner | Osella-Alfa Romeo | 2 | Motor | 25 | |
Ret | 16 | Patrick Tambay | Lola-Ford | 0 | Accidente | 10 |
Líderes por volta
[editar | editar a fonte]Nelson Piquet 16 (1-16), Ayrton Senna 5 (17-21), Stefan Johansson 2 (22-23), Nigel Mansell 20 (24-43)
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Piquet Gains Pole Spot For Belgian Grand Prix". The New York Times. May 25, 1986.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1986 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-17.
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1986 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1986 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1986 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1985 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1987 |