Saltar ao contido

Gran Nicobar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Nicobar
 Nome orixinal
Great Nicobar (en)
बड़ा निकोबार (hi) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   9.439 Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   28 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   55 km Editar o valor en Wikidata
 Perímetro
   202 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   921 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   642 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   642 m Mount Thullier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF315139677 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04v7g3 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Gran Nicobar (en panxabí: ਵੱਡਾ ਨਿੱਕੋਬਾਰ, nicobarese: ਟੋਕਿਏਂਗ ਲੌਂਗ, Tokieong Long) é a máis austral e máis grande das Nicobar da India, ao norte de Sumatra.

A grande illa de Nicobar foi severamente afectada polo terremoto do océano Índico en 2004, con moitas mortes e foi cortado todo contacto exterior por máis dun día.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa de Sumatra atópase a 180 km ao sur de Gran Nicobar. A illa ten unha superficie de 1.045 km² pero está escasamente habitada, cunha poboación de 8.067 habitantes, en gran parte cuberta pola selva tropical e coñecida pola súa diversa vida silvestre.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A illa é o fogar da Gran Reserva da Biosfera de Nicobar, o punto máis austral da India e da Estación Aérea Naval, preto de Campbell Bay, Gran Nicobar Campbell Bay baixo os servizos conxuntos do Comando de Andaman e Nicobar (ANC) da Forzas Armadas Indias.[1] É a base aérea máis meridional das Forzas Armadas da India.[2]

A illa é o fogar do pobo Shompen.[3]

Topografía

[editar | editar a fonte]

A illa ten varios ríos, incluíndo o Alexandra, Amrit Kaur, Dogmar e Galathea. Practicamente todos os ríos flúen en dirección sur ou suroeste, o cal é indicativo da pendente xeral do terreo a través da illa. Hai outeiros ao longo da illa. O Monte Thullier, ten a maior elevación de Nicobar, a 642 m sobre o nivel do mar.[4]

Indira Point (6°45'10"N e 93°49'36"E) é o punto máis meridional da Grande Illa Nicobar e a propia India. O punto Indira diminuíu 4´25 m no tsunami do 26 de decembro de 2004 e o faro resultou danado. O faro funcionou posteriormente.

A maior parte da illa declarouse como Gran Reserva da Biosfera de Nicobar, o fogar de moitas especies únicas e endémicas de plantas e animais.

Transporte

[editar | editar a fonte]

Hai unha pista de aterraxe de 915 m na baía de Campbell/Tenlaa na costa do leste.[5][6]

  • Porto marítimo: Polo menos un pequeno peirao de embarque está situado en Campbell Bay.
  1. ↑ "Naval air station opened in Campbell Bay". The Hindu. 2012-07-31. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2012. Consultado o 17 de setembro de 2017.
  2. ↑ "INS Baaz to keep hawk eye on threats in Indian Ocean Region". The Times of India. 2012-08-01. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2017.
  3. ↑ Trivedi, Rajni; Sitalaximi, T.; Banerjee, Jheelam; Singh, Anamika; Sircar, P. K.; Kashyap, V. K. (March 2006). "Molecular insights into the origins of the Shompen, a declining population of the Nicobar archipelago". Journal of Human Genetics 51 (3): 217–226. PMID 16453062. doi:10.1007/s10038-005-0349-2.
  4. ↑ Shyam Singh Shashi (2005). Encyclopaedia of Indian Tribes. Anmol Publications Pvt Ltd. ISBN 81-7041-836-4. ... The main hill range runs from the north to south. Average height of the hills is 300m to 400m. The highest peak is Mount Thullier ...
  5. ↑ "Missing Malaysia Airlines MH370 'Deliberately Diverted' Towards Andaman and Nicobar Islands: List of Unused Airports Where the Plane Possibly Landed [Photos]".
  6. ↑ "Runways – Campbell Bay Airport Campbell Bay, Andaman and Nicobar Islands, India".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]