Saltar ao contido

Gobius niger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O mógaro ou a maralloca (Gobius niger) é unha especie de peixe da familia dos Gobiidae da orde dos Perciformes.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O seu nome científico deriva do latín Gobius, que significa "gobio", e niger, que significa "negro", é dicir, "gobio negro".

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]
  • O talle máximo é de 15 cm.
  • Corpo alongado e de sección cilíndrica..
  • Os ollos son grandes e atópanse na parte superior da cabeza.
  • Os tentáculos que saen dos orificios nasais atópanse pouco desenvolvidos.
  • As aletas dorsais e a anal son longas.
  • A primeira dorsal é moi alta nos machos.
  • Os radios libres das pectorais atópanse pouco desenvolvidos.
  • O disco pélvico é redondo.
  • Presenta case a mesma coloración que Gobius geniporus, pero é máis escuro.
  • Ten unha mancha negra na parte anterior da primeira dorsal.[1]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Ten lugar durante a primavera e o verán. Neste período pode realizar varias postas. A posta é bentónica, os ovos son aferrados baixo algún obxecto e os machos encárganse de protexelos. Teñen catro anos de vida a partir do segundo xa son sexualmente maduros. O macho produce feromonas para atraer a femia.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Come crustáceos, moluscos, luras e poliquetos.

É bentónico de fondos brandos preferentemente lamacentos con pedra. Tamén habitan en pradarías de Posidonia oceanica e Caulerpa prolifera . Chega até os 75 m de profundidade. É moi frecuente no interior de portos.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Aparece en todo o Mediterráneo, no Atlántico oriental (desde Noruega até Mauritania), no Mar Báltico e o Mar Negro.

É inofensivo para os humanos.

  1. Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier: Peixos de les Illes Balears. Editorial Moll, Palma de Mallorca, maio de 2000. Manuals d'Introducció a la Naturalesa, 13. ISBN 84-273-6013-4. Planes 237-238

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Goren, M., 1996. A review of the southern African gobiid fish genus Caffrogobius Smitt, 1900. Spec. Publ. Smith Inst. Ichthyol. (57):1-28.
  • Helfman, G., B. Collette e D. Facey: The diversity of fishes. Blackwell Science, Malden, Massachusetts, Estados Unidos, 1997.
  • Miller, P.J., 1990. Gobiidae. p. 925-951. A J.C. Quero, J.C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa, SEI, París; e UNESCO, París, Francia. Vol. 2.
  • Moyle, P. e J. Cech.: Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, Nova Jersey, Estados Unidos: Prentice-Hall. Any 2000.
  • Nelson, J.: Fishes of the World, 3a. edición. Nova York, Estados Unidos: John Wiley and Sons. Any 1994.
  • Wheeler, A.: The World Encyclopedia of Fishes, 2a. edición, Londres: Macdonald. Any 1985.