Glutón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Glutón
Gulo gulo 01.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Mustelinae
Xénero: Gulo
Pallas, 1780
Especie: G. gulo
(Linnaeus, 1758)
Distribución do glutón

Distribución do glutón

O glutón[2] (Gulo gulo) é un mamífero pertencente á familia dos mustélidos.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun animal cunha lonxitude que oscila entre os 70 e 90 centímetros. O seu peso pode variar entre os 10 e 20 quilogramos. É a especie meirande dentro dos mustélidos. Semella un pequeno oso pardo, co rabo denso e as patas moi longas. É unha especie solitaria que vive en grandes extensións, sen un lugar permanente de residencia. A súa alimentación é omnívora: dende bagas ata paxaros, lemmings ou lebres. Tamén depreda especies meirandes coma o cervo ou o reno, mais unicamente os individuos enfermos ou envellecidos. En ausencia de caza pode alimentarse de calaza.

Distribución[editar | editar a fonte]

Por toda a zona de tundra e taiga en Eurasia. Tamén presente en Canadá e Alasca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Abramov, A., Belant, J. & Wozencraft, C. (2009). "Gulo gulo". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 28 de maio de 2012. 
  2. Denominación proposta polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]