Saltar ao contido

Giuseppe Rossi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiuseppe Rossi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Teaneck Editar o valor en Wikidata
EducaciónClifton High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League e Major League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo21 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2007   Manchester United FC 5(1)
2006–2006 cesión:    Newcastle United 11(0)
2006–2007 cesión:    Newcastle United 11(0)
2007–2007 cesión:  Parma Calcio 1913 19(9)
2007–2013   Villarreal Club de Fútbol 136(54)
2013–2016   ACF Fiorentina 33(16)
2016–2017   Celta de Vigo
2016– cesión:    Levante UD
2017–   ACF Fiorentina
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2003   Italia sub-16 5(3)
2003–2004   Italia sub-17 14(6)
2004–2005   Italia sub-18 3(0)
2006–2008   Italia sub-21 16(5)
2008–2014   Italia 30(7)
Participou en
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009
agosto de 2008Xogos Olímpicos de 2008 Editar o valor en Wikidata

Twitter: GiuseppeRossi22 FIFA: 291342 UEFA: 69741 Editar o valor en Wikidata

Giuseppe Rossi, nado en Teaneck (Nova Jersey) o 1 de febreiro de 1987, é un futbolista de orixe italiana. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Celta de Vigo, onde xoga cedido pola Fiorentina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 2004 o primeiro club polo que Giuseppe Rossi fichou, foi o Parma italiano como xuvenil. Tiña 17 anos, pero foi traspasado ao pouco tempo por 200.000 libras ao Manchester United, onde asinaría o seu primeiro contrato profesional. Alí xogou ata xaneiro de 2007, empezando a xogar cedido no Parma italiano.[1]

Giuseppe Rossi foi fichado polo Villarreal CF o verán de 2007 tras a marcha ao Atlético de Madrid do uruguaio Diego Forlán. Cos seus 11 goles en 27 partidos converteuse nun dos xogadores revelación da tempada 2007-08.

Ao finalizar a tempada 2008/09 apareceron na prensa rumores sobre o interese de varios clubs para facerse cos servizos de Rossi, como a Juventus FC que se dicía que ofrecía 18 millóns de euros e o traspaso de David Trézéguet, ou o Manchester City ou o Manchester United.[2] Sobre todo tras as declaracións que realizou, nas que afirmaba que o seu soño era volver xogar en Italia.[3] En xaneiro de 2011, o Villarreal CF confirma o acordo entre Rossi e o club para a ampliación do seu contrato ata o verán de 2016 desmentindo así calquera rumor que lle vinculaba a outro club.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de Italia tanto a nivel absoluto, como nas categorías inferiores ata a Sub-21. Coa Selección Olímpica de Italia en 2008 participou nos Xogos Olímpicos de Pequín, onde terminou como máximo goleador do torneo con 4 goles. O seu primeiro gol coa súa selección anotouno nun partido amigable disputado o 6 de xuño de 2009 en Pisa contra Irlanda do Norte, que servía de preparación para a Copa das Confederacións de 2009, á que foi convocado por Marcello Lippi.

No mencionado torneo internacional, debuto con dous goles no triunfo italiano 3-1 sobre Estados Unidos, no Estadio Loftus Versfeld de Pretoria.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Football League Cup Manchester United Inglaterra Inglaterra 2006
  1. "Traxectoria na web de Rossi". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2011.
  2. A Juve ofrece 18 millóns e Trezeguet a cambio de Rossi. Marca.com. Consultado o 13 de xuño de 2009.
  3. Rossi di que o seu soño é volver xogar en Italia. Marca.com. Consultado o 13 de xuño de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]